Salceda de Caselas

Salceda mellora a seguridade no Cerquido cun novo paso de peóns

O Concello de Salceda de Caselas vén de dotar á zona do Cerquido dun novo paso de peóns que mellorará non só a seguridade dos peóns, senón que tamén facilitará a interconexión das paradas de autobús situadas nas beiravías de ambas bandas.

Ao mesmo tempo, os traballadores e traballadoras das empresas da Área Empresarial do Cerquido tamén gañarán en comodidade no acceso aos seus centros de traballo. O concello anunciou xa a súa intención de repintar os pasos de peóns existentes entre a Volta da Moura e o Alto do Cerquido, no lindo co concello do Porriño.