salceda 2017

Salceda de Caselas

Salceda inicia un Plan Integral de limpeza de beirarrúas e espazos públicos

O Concello de Salceda de Caselas, a través das Concellaríasde Vías e Obras e Turismo que dirixen Miguel González e Loli Castiñeira respectivamente, ven de poñer en marcha un Plan de Limpeza de beirarrúas e espazos públicos no casco urbán do municipio. O Plan, que comezou coa limpeza da Praza do Concello, exténdese agora ás rúas humanizadas e aos espazos recuperados como a praza do mercado de abastos, e calcúlase que se extenderá en torno a un mes para deixar listas as principais rúas do casco urbano.

  • 0

Salceda adxudica os postos da Praza de Abastos

A Xunta de Goberno Local do Concello de Salceda, celebrada o pasado venres 21 de xullo ven de aprobar a adxudicación dos postos da Praza de Abastos do municipio por un período de vinte anos que se poderá prorrogar en cinco anos máis. En total adxudicáronse 21 bancadas para venta de peixe fresco, ademáis de tres postos fixos de carnicería, un de foitería e dous de peixería. Os postos existentes na Praza de Abastos levaban en situación irregular dende o ano 2006 en que caducara a anterior concesión.

  • 0

Salceda paga aos expropiados polo Parque Raíña Aragonta

O mesmo Parque Raíña Aragonta foi o escenario no que o Alcalde de Salceda, Marcos Besada, asinou en presenza dos propietarios e propietarias expropiados/as as transferencias que por fin van poñer punto final a este longo proceso, e que converte o pagamento do adebedado nunha realidade a partires de hoxe mesmo. O Equipo de Goberno ao completo arroupou ao Alcalde no acto de sinatura, no que estiveron presentes todos os afectados e afectadas xunto cos seus avogados, agás o Obispado Tui-Vigo que preferiu non asistir ao acto a pesares de ser o maior beneficiario da expropiación.

  • 0

O sábado 29, «II Carnaval Dirt Track» en Salceda de Caselas

O vindeiro sábado, 29 de xullo, o campo de fútbol das Cruxeiras, na parroquia de San Xurxo en Salceda de Caselas, será escenario do «II Carnaval Dirt Track», organizado pola Asociación Xuvenil Entroido A Feira (Comisión de Festas do Entroido 2018). A iniciativa cumpre o dobre obxectivo de, por unha banda promocionar "o espectáculo deportivo sobre rodas" tal e como sinala a organización, e doutra banda divulgar o entroido que lévase desenvolvendo no barrio da Feira, alomenos, durante os últimos 120 anos.

  • 0

Salceda asina o Crédito para o pago do Parque Raíña Aragonta

Cristian Maldonado, representante de BBVA coas institucións públicas e Marcos Besada, alcalde de Salceda, asinaron hoxe na Casa do Concello, a operación de crédito a longo prazo destinada ao pago dos terreos expropiados para a construcción do Parque Raíña Aragonta. Previsiblemente os propietarios poderán cobrar xa a partir do 1 de agosto. A sinatura, explicaba o alcalde Marcos Besada, é mostra "de que este Goberno cumpre cos seus compromisos, e así o imos facer tamén cos expropiados do Raíña Aragonta que, dunha vez por todas, poderán cobrar o que se lles adebeda".

  • 0
Suscribirse a este canal RSS