A Asociación Deportiva Avanza festexa o Día das Letras Galegas con cinco podios

Xornada de festa para a Asociación Deportiva Avanza do Porriño que onte, Día das Letras Galegas, asinaba cinco podios, catro en Pazos de Borbén en miniBTT e outro no concello do Rosal, na festividade das letras galegas.

O Concello de Pazos de Borbén poñía todos os medios a disposición da Escola de Ciclismo de Redondela para celebrar, con enorme éxito, a primeira edición do Trofeo de MiniBTT Pazos de Borbén.

Preto dunha vintena de corredores da A.D Avanza do Porriño, achegábanse ata a parroquia de Amoedo, en Pazos de Borbén, para participar nesta nova proba do mini BTT galego onde Nerea Soto foi a primeira o conseguir subir o mais alto do podio na categoría de promesas féminas. Nerea, xunto a integrante do club Rías Baixas Carmen Cabot, brindaron o público unha espectacular loita polo triunfo.

Xa na categoría alevín fémina, Uxía Soto conseguía dominar a proba o impoñer ritmo alto de carreira que fixo que o grupo dividírase, desde o inicio da carreira, noutros máis pequenos. Uxía lograba subir o mais alto do podio despois dunha dura loita coa súa mais directa rival, a integrante do club Caimanes de Betanzos.

Como está sendo de costume, a categoría infantil asinaba unha alta participación, na que os integrantes da A.D. Avanza conseguiron acadar dous podios. En infantil masculino Sergio Lorenzo conseguía subir o terceiro posto do caixón e Laura Mira o quinto posto na categoría infantil fémina.

O quinto podio chegou da man de Carla Guisande que se desprazaba ata o concello pontevedrés de O Rosal onde se disputaba a vixésimo sexta edición do Trofeo pistas de Faias. Carla nunha magnífica carreira, conseguía un segundo posto na categoría infantil fémina.

Cómpre destacar tamén a participación dos cadetes da A.D. Avanza que, nesta ocasión, viaxaron ata a localidade ourensá de Baños de Molgas onde se disputaba o Campionato Galego de Contrarreloxo. Os participantes puideron probar sí unha nova experiencia xa que, para moitos deles, era a súa primeira participación nunha modalidade complexa como é a contrarreloxo.