Alumnado de tres colexios do Porriño participan nunha xornada de achegamento ao judo

156 alumnas e alumnos do CEIP Plurilingüe de Atios, o Xosé Fernández López e o Colexio Hermanos Quieroga participaron este xoves, no Pavillón Municipal, nunha xornada de Aproximación ao Judo, na que, a través de xogos guiados, aprenderon varias das técnicas básicas deste deporte.

As sesións, de 10 a 11:15 h. e de 11:15 a 12:30, serviron para que as rapazas e rapaces coñecesen ás ‘Destrezas Técnicas’, e ‘Destrezas Físicas’ de cara á aprendizaxe de habilidades motoras básicas e combinadas simples ao tempo que se lles transmitiu un concepto novo de práctica deportiva baseado na loita, pero con fins unicamente deportivos e lúdicos.

Nunha das sesión,organizadas pola Federación Galega de Judo e Deporte Adaptado, a Secretaría Xeral para o Deporte do Goberno de Galicia, e a Concellería de Deportes do Concello do Porriño, estivo presente o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, quen lembrou que esta fin de semana, neste mesmo escenario o“Campionato Xogajudo”, que xuntará ás mellores e mellores judocas escolares de Galicia.

Carrera lembrou o apoio “decidido, constante e incondicional” do Concello do Porriño á práctica do deporte,“en especial do deporte base” ao que, lembrou vai destiñado prácticamente o cen por cen do orzamento municipal de Deportes.