Porriño 2017

O Porriño

EU-Son do Porriño convoca unha nova concentración diante do Centro de Saúde

EU-Son do Porriño vén de convocar á veciñanza a una concentración, fronte ao Centro de Saúde, o vindeiro venres día 27 de abril ás 20 horas. O obxectivo é reclamar máis persoal, dotación e servizos para dita infraestrutura sanitaria, amais dun servizo de radioloxía. EU-Son sinalou a súa intención de continuar coas concentracións, cada último venres de mes "ata conseguir un Centro de Saúde digno para O Porriño"

  • 0

Sergio Bugarín, novo presidente das Novas Xeracións do PP do Porriño

Sergio Bugarín Morais foi elexido por unanimidade novo presidente das Novas Xeracións do Porriño no transcurso do VII Congreso Local da formación xuvenil, celebrado na mañá de onte sábado, no Restaurante Manolo do Porriño. Ao acto asistiron arredor dun centenar de persoas, entre elas o presidente do PP do Porriño, M. Alejandro Lorenzo, concelleiros do grupo municipal popular, o presidente nacional de NNGG, Diego Gago e a secretaria provincial de NNXX, Cristina Pérez.

  • 0

O Porriño, Ponteareas e Mos acollen a «II Challenge As Rías Baixas»

Douscentos corredores procedentes de distintos lugares de toda España, de Portugal e, por suposto, de Galicia, tomarán a saída o vindeiro sábado, día 21 na «II Challenge As Rías Baixas» de ciclismo, para máster e júnior, que cubrirá algo máis de 160 quilómetros pasando polos concellos de Mos, Ponteareas e O Porriño.

  • 0

O BNG do Porriño abre en Torneiros unha rolda de xuntanzas nas parroquias

O BNG do Porriño comezará en Torneiros unha unha rolda de reunións, abertas a toda a veciñanza e aos colectivos parroquiais, coas que os nacionalistas buscan recoller peticións e tamén ofrecer información sobre as iniciativas que levarán a cabo no ámbito municipal. A xuntanza será este venres, 20 de abril, no local da AVV San Salvador de Torneiros, ás 20:00h.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS