Recollida de alimentos para MosAxuda

A Agrupación MosAxuda, formada por voluntarios, Concello e Protección Civil de Mos, inicia este sábado 15 a súa primeira «Campaña de Verán» coa recollida de alimentos que serán doados polos veciños supermercados do municipio. Os voluntarios e voluntarias destacan que "non é habitual facer este tipo de campañas nestas datas pero créeno necesario e destacan que estas iniciativas non deberían centrarse únicamente nas campañas de Nadal".

Os responsables, aseguran que nestes momentos están atendendo a 98 familias e deste total, a gran maioría son familias con menores. "Dende MosAxuda, axúdanlles coa entrega de alimentos mensualmente do mesmo xeito que coa entrega de peixe fresco doado polos armadores de Marín cando hai moita pesca", aseguran dende a Asociación.

Mos Axuda consiste nun plan no que van da man o Concello, voluntariado, protección civil e asociacións mosenses, para implementar as prestacións e servizos sociais municipais. Ademais, incluído tamén en Mos Axuda, existe o servizo de Armario de roupa, brindando deste xeito o apoio ás necesidades sociais e humanas, converténdose este servizo nun referente de axuda ao cidadán en situación de desamparo. É importante decir, sinalan dende MosAxuda, "que este servizo está moi apoiado tamen por empresas e particulares".

Mos Axuda  ten habilitado un número de teléfono de contacto, o 627 133 828, e unha páxina de Facebook para que todos aqueles voluntarios/as que desexen entrar a formar parte do programa, así como calquera particular interesado en colaborar, podase poñer en contacto coa asociación ou facendo doazóns de todo tipo para os beneficiarios do proxecto, tanto alimentos como roupa ou calquera outra achega (mobiliario, obxectos de puericultura, etc.).

O horario de atención neste teléfono é continuado e ininterrompido, mentres que o horario de entrega e recollida de doazóns no local de Mos Axuda é todos os martes de 18 h a 20 h. O enderezo do local é Avenida de Peinador nº 25, Puxeiros-Mos.