Mos amplía o seu arquivo municipal cunha subvención da Deputación

A alcaldesa e o concelleiro visitaron á ampliación do arquivo municipal. A alcaldesa e o concelleiro visitaron á ampliación do arquivo municipal.

O Concello de Mos ven de ampliar o seu arquivo municipal habilitando un novo espazo a tal fin nunha nave propiedade do Concello en Puxeiros. Segundo informaron hoxe  a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Patrimonio, Camilo Augusto, esta actuación recibiu unha subvención provincial de preto de 20.000 euros con cargo ao Plan Concellos 2017 e unha aportación de 13.000 euros de fondos propios municipais para a realización das obras

Os traballos consistiron  na división do local, preparación de cerramentos, solado, carrís para andeis móbiles e armarios móbiles, e instalación do sistema de emerxencia e de electricidade. En total investíronse 33.000 euros. O obxectivo desta ampliación do arquivo é facilitar o traballo e consulta no proceso de organización dos fondos documentais municipais.
O novo espazo habilitado está dotado de estanterías de plataforma móbil para facilitar e axilizar os labores de busca.

O proceso de organización dos fondos documentais do Concello de Mos iniciouse no ano 1990 coincidindo coa adecuación dun espazo dedicado ó arquivo municipal na torre e no baixo cuberta da Casa do Concello. En sucesivas etapas prodúcense reincorporacións e actualizacións documentais nos anos 1991, 1994, 1999, 2003, 2005 e 2008. O novo arquivo, situado en Puxeiros, alberga a documentación comprendida entre os anos 2014 e 2016 e está dotado de 7 estanterías con capacidade para 1.565 arquivadores que ocupan unha superficie útil de 100 metros cadrados con posibilidade de futura ampliación a outros 100 metros cadrados máis.

Ademais de este novo arquivo en Puxeiros, o Concello de Mos conta cun espazo habilitado para dito fin no edificio municipal ubicado na Porteliña, Petelos, no que se atopa, na súa primeira planta, a Biblioteca Municipal. De xeito que coa ampliación realizada en Puxeiros auméntase e optimízase o arquivo municipal continuando co compromiso do equipo de goberno local de mellorar os servizos aos cidadáns.