Mos

O alumnado de mos fórmase na tenza responsable de mascotas a través do xogo

Os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto cursos de Educación Primaria do municipio, participaron o xoves 22 de febreiro, no Multiusos das Pozas, nunha actividade sobre tenza responsable de mascotas. O concelleiro de Educación, Camilo Augusto, explicou que a intención desta actividade é que “mediante a realización da mesma preténdese dende o Concello fomentar entre o alumnado a conciencia cidadá e desenvolver hábitos que favorezan unha actitude responsable cara o coidado de mascotas e que os cativos coñezan as responasbilidades que implican un animal e os seus coidados".

  • 0

Mos expresa o seu total apoio aos traballadores de Maderas Iglesias

O Concello de Mos expresou esta mañá aos traballadores e traballadoras de Maderas Iglesias "o total apoio da administración mosense" ante o conflito laboral que vive a empresa. Os 249 traballadores e traballadoras de Maderas Iglesias, moitos dos cales son veciños e veciñas de Mos, realizaron esta mañá unha marcha a pé de 16 quilómetros entre a sede da factoría, no Porriño, e a delegación da Xunta de Galicia en Vigo para reivindicar un futuro para a compañía.

  • 0

Un camión perde parte da carga e bloquea a A-55 en Mos

A A-55 viviu hoxe un novo accidente e segue a acumular puntos para optar ao dubidoso mérito de ser unha das vías máis perigosas do Estado. O curioso é que o accidente de hoxe ocurriu en plena recta, unha vez pasada a denominada "recta de los Molinos" en dirección Tui. Por causas que aínda se descoñecen, un camión cargado de chatarra colisionou contra a mediana, perdendo parte da carga nos carris contrarios, é dicir, os que van sentido Vigo, colapsando a totalidade da autovía.

  • 0

Convenio entre Concello e Fundación para garantir o bo mantemento do Pazo de Mos

O Salón de Plenos do Concello de Mos acolleu onte a sinatura do convenio de colaboración entre a Administración local e a Fundación Pazo de Mos para o mantemento das instalacións do Pazo. A sinatura foi formalizada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e polo presidente da Fundación, Manuel Barciela, que estivo acompañado por outros dous membros da directiva da entidade. Grazas ao convenio asinado realizaranse obras de mantemento interior do Pazo dos Marqueses de Mos, como pintado e barnizado, entre outras melloras necesarias.

  • 0

Bo papel do Club Xadrez Mos nos Campionatos Galegos de Ferrol

O Club Xadrez Mos vén de asinar uns excelentes resultados nos Campionatos Galegos das Categorías sub-14 e sub-18, disputado entre os días 10 e 13 de febreiro en Ferrol. O club mosense desprazaba un total de seis xogadores e xogadoras, catro sub-14 ─Carla Ramírez Senlle (Campioa Galega no ano 2017 en Categoría Sub-12), Paula Toucedo Morgadas, David Álvarez Pampillón, e Gonzalo Bastos González─ e dous sub-18 ─Hugo Ramírez Senlle e Antonio Álvarez Pampillón─.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS