Na ribeira do Tea

O retroceso demográfico de Ponteareas

Ponteareas foi dende finais dos anos 90 e a primeira década deste século, un referente de crecemento demográfico cunha poboación xoven e un índice de natalidade extraordinario en Galicia. Mentres noutros concellos se pechaban colexios, en Ponteareas había unha demanda cada vez maior de prazas escolares tanto de primaria como de secundaria. Pero este crecemento alcanzou o seu máximo no ano 2011, e a partires de entón asistimos a unha perda continua de habitantes ó contrario do que sucede en concellos limítrofes coma Porriño, Mos, Salvaterra de Miño ou Salceda de Caselas.

Suscribirse a este canal RSS