Camiñando pola Terra II: a ruta do Xabriña

Aquí vos presentamos a segunda reportaxe da nosa serie «Camiñando pola Terra» coa que pretendemos achegarvos, a todos e todas, a riqueza cultural, patrimonial, paisaxística e histórica da nosa terra. Nesta segunda reportaxe, na que contamos con invitados, buscamos poñer en valor as terras do Xabriña, con todo o seu patrimonio natural, histórico e artesanal.