A batalla de Vila Queimada, Sobroso ano 1477

Cantas veces pasamos pola estrada N-120 e a altura de Vilasobroso (Mondariz), e vemos no alto, maxestoso e impoñente, unha das fortificacións medievais máis antigas da terra galaica conservadas, o castelo do Sobroso. Pero esta edificación fortificada medieval, e muito máis que un reduto inexpugnable de pedra, pois nel en tempos pasados, a sombra do monte Landín viviron, creceron e ata morreron persoas na súa longa historia.

Tal vez un dos feitos máis relevante, triste, e esquecido alí sucedido, tendo como protagonista o coñecido Pedro Madruga, sucedeu no ano 1477, e nos chega a través do cronista da época Vasco da Ponte, a batalla da Vila Queimada.

Antes desta batalla, o castelo do Sobroso e súas terras eran propiedade da familia nobiliar dos Sarmiento, orixinarios do burgo de Ribadavia. Despois do val do Tea facían fronteira coas terras dos Soutomaior, onde gobernaba o enerxético señor e conde de Caminha (Portugal), Pedro Álvarez de Soutomaior, máis coñecido como Pedro Madruga.

Contan que estando o señor do Sobroso, da familia Sarmiento, cabalgando con varios vasalos polos lindes de súas terras cos Soutomaior, foi sorprendido e prendido polo astuto Pedro Madruga. Logo o levou ata varias veces as portas do castelo do Sobroso, dicíndolle a seus defensores.

─¿Vedes a voso amo e señor? Se non entregades a fortaleza córtolle aquí a cabeza. ─Daillo! Daillo e non morrerei!─ Berraba o Sarmiento.
─Xa lla podes cortar, máis aquí non entrades!─ Contestaba Lope de Aballe, alcaide e cuñado do Sarmiento dende dentro do castelo.

Pedro Madruga non conseguía desta maneira a fortaleza, pero pronto voltaria. Con axuda de Don Alonso de Portugal, Pedro de Mendaña e outros nobres, cun exercito galaico-'portugués de cinco mil home a pe e mil cabaleiros, pon sitio e en asedio o castelo do Sobroso.

Para elo levanta unha gran empalizada de madeira que rodea a fortificación, e tamén a pequena “vila” que estaba asentada os pes do castelo, onde vivían os vasalos directos desta, dentro do cerco, tamén monta seu campamento. Pero ante a ambición e crecente poder do Soutomaior, o arcebispo de Santiago, o conde de Monterrei e outros cabaleiros galegos, deciden axudar o preso Sarmiento e romper o cerco do castelo, levando de sorpresa un exercito contra as posicións das confiadas forzas de Pedro Madruga.

Deu comezo así a batalla da Vila Queimada, onde o exercito de Pedro Madruga e seus aliados foron sorprendidos e sufriron unha importante derrota, tendo que abandoar a batalla e o sitio do castelo. Foi tan violento o choque, que a empalizada e campamento do Soutomaior foron queimados.

Nese lume foi onde se produciu a maior traxedia, pois no medio da loita e lume estaba a primitiva Vila que alí se asentaba, a cal ardeu coa empalizada e campamento, quedando muitos de seus habitantes atrapados nela.

Din que ata non fai muito, os vellos de Vilasobroso contaban, que na antiga “Vila” nunha traxedia “as casiñas de aqueles viláns todas foron queimadas con seus filliños dentro”, dando así nome a batalla, A Vila Queimada.

Tamén no lugar da “Fonte da Vila”, que recorda aínda este asentamento, quedou esta pequena lenda sobre o Pedro Madruga, “na fonte da Vila, inda hai auga a correr, foi Pedro Madruga quen a quixo beber”.

Pero o Soutomaior non desistiu, un ano despois, no 1478 voltou e conquistou a primitiva fortaleza da Picaraña, a cal defendía Álvaro da Barca e estaba construída sobre un castro. Logo edificou sobre esta pequena fortificación un castelo de vixía e posto avanzado sobre o Sobroso e as terras dos Sarmiento. Dicir que a trama e loitas nobiliarias seguiron. Fai pouco, andando polos redores dos restos da fortaleza da Picaraña, atopei marcas de muros sobre un penedo e anacos de tella medieval, o que nos indicaría que este castelo foi máis grande e importante do que parece, pero esa historia queda para outra, apertas a tod@s!

2 comentarios

  • Jose Luis
    Jose Luis Mércores, 23 Novembro 2016 18:32 Enlace al Comentario

    Existe unos restos llamados como el viejo castillo en la loma del monte Landín. ¿Que se sabe de ello?

  • Isa Barrios
    Isa Barrios Sábado, 19 Novembro 2016 21:27 Enlace al Comentario

    Parabens pola tua explicación. Quedamos a espera de mais istorias sobre a nosa Galiza