A pisada guerreira da Louriña

Un dos segredos maior gardados do Val da Louriña, e súa riqueza lendaria e épica que garda do seu pasado remoto, tanto que chega a época dos castros e a loita dos galaicos contra os romanos fai uns 2000 anos.

Poucos lugares da terra galaica, que saibamos, poden presumir de tanta riqueza de historias e mitos deste período, polo que persoalmente, como autor deste texto, non entendo que se de máis valor o traído de fora en festas da zona, onde se recrean feitos ficticios de persoaxes de lugares lonxanos, en vez de valorar o noso, algo por desgraza moi típico no pobo galego.

Con isto non quero desprestixiar a ninguén nin a nada, e sabido que todos os eventos levan un gran esforzo persoal e desgaste, pero si, para enriquecernos máis con nosa historia e pasado, recorden estas lendas e historias das nosas terras, que ata contan o orixe do nome dos pobos onde vivimos.

Podemos recordar así dúas lendas das terras da Louriña, a primeira ambientada no século IV a.C, en pleno auxe da etapa castrexa ou dos castros antes da chegada dos romanos, da cal se gardan importantes fragmentos no Archivo Diocesano da Catedral de Tui, que nos fala do orixe do nome do O Porriño, toda unha reliquia.

O redor do ano 377 antes de Cristo, un labrego que vivía xunto as augas do río Louro e asasinado xunto súa familia polo rei dos Grovios (Tribo con capital na zona de Tui) chamado Trota “o Ilustre”, o parecer por motivos de queixas ante os impostos deste.
Entón os poboadores se alzan en armas e marchan contra o rei Trota cuns 100 guerreiros, os cales se unen outros 400 bracarenses (da tribo belicosa dos Brácaros, que asentábanse na zona da actual Braga) todos as ordes do xoven guerreiro Ghovari, o cal vence os tudenses matando a Trota e súa familia en vinganza, gañándose un gran respecto das tribos dos seus redores. Logo instala súa nova capital como caudillo dos Grovios en “A Quinta”, na parroquia de Pontellas.
O nome de O Porriño descende do sobrenome que se ganou o novo caudillo, o cal chamaron “O Pueril”, pois só contaba con 17 anos cando venceu a Trota, sendo así o orixe do nome de O Porriño e súas terras.

A segunda que imos relatar, nos fala duns Asterix e Obelix anónimos, pero coa diferenza de que estes non resistían nunha pequena aldea gala os romanos, senón nas propias terras do Val do Louro. Segundo esta lenda, nos contan que eses antepasados nosos foron a última tribo en ser sometidas os romanos, os cales tiveron que pactar o non conseguir vencelos.

Se di que alí chegou o redor do ano 70 d.C o xeneral romano Vespiano e súas tropas. Os Grovios que habitaban as ribeiras do Louriña conseguen resistir 7 meses, pero logo chega a lexión XI Legio Ave Fénix que cambia a balanza. Finalmente no ano 72 os Grovios porriñenses deciden pactar e renderse abríndolle as portas a Roma, sendo o último pobo galaico en facelo. O trato beneficiou tanto a eles como a Roma, facéndose socios comerciais e non sometidos.

Para rematar esta Memoria da Terra, agora que recordamos isto dos nosos antepasados, e recoñecendo o gran traballo que se realiza en algúns eventos e festas da zona, porque non meter pouco a pouco parte do noso legado galaico, como o exemplo destas dúas historias, para dalas a coñecer e por en valor noso riquisimo pasado. O traballo máis dificil tal vez xa esta feito, agora só falta recordar o que fumos.

1 comentario

  • Marcos Escudero
    Marcos Escudero Sábado, 15 Outubro 2016 18:28 Enlace al Comentario

    Moi bo traballo e mellor consello Jhony!
    A ver se toman mota os "porrigalios" e de paso recuperan tamén a orixe do nome que recibiu este Val trala chegada dos romanos, "Terra de Molis" ("A Terra das Moas" - "A Terra das Mós") xa que é enriba da moa (pedra) do Faro de Budiño onde prenden o facho "olimpico".