Aberto o prazo de inscripción da VI edición da Eurocidade

O domingo, 11 de xuño, celebrarase a sexta edición da Eurocidade 10 organizada polo Club Atletismo Tui Thermalia e a Eurocidade Tui-Valença. A inscrición está aberta ata o mércores, 7 de xuño, en Champion Chip Norte cun prezo de 4 euros, dos que parte serán doados a unha entidade social.A saída será ás 11h hora española carón da vella Ponte Internacional en Valença ao onde regresarán os participantes tras completar o percorrido de 10 quilómetros polas murallas de Valença, a propia Ponte, a beira do Miño e o conxunto histórico de Tui.

Os primeiros atletas prevese que empreguen entorno a 30 minutos para completar o percorrido entre os dous países cun percorrido nun entorno natural e patrimonial único.