Martes de actividades infantís e teatro nas Festas de San Telmo

Mañá martes, 18 de abril, será o segundo día das actividades dirixidas ao público infantil que se encadran dentro do programa das Festas de San Telmo, que conte comezaban con En un Tris Tras, que contou coa participación de preto dun centenar de nenos e nenas.

O martes 19 de abril, dende ás 11:30 h e ata ás 13:30 h na Área Panorámica os cativos poderán participar no obradoiro “Personaxeando”. Xa pola tarde, a partir das 16 horas e na Sala Félix Rodríguez poderán gozar da proxección da película “Buscando a Dory”. En ambos casos a entrada é libre ata completar o aforamento.

O programa das Festas de San Telmo para o martes, péchase ás 21:15 h no Teatro Municipal de Tui. Será coa actuación do grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis, que dentro IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo, presentará “Claro e Clara non se aclaran”. Ás entradas cun prezo de 1,5 € poranse á venda dende as 20:15 h.