Tui

Novo éxito do «Penedo Teimporta» na Copa Galaico-Portuguesa de Promoción de Slalom

O domingo 22 de abril disputábase en augas do Tea ao seu paso polo Cordeiro, en Alxén (Salvaterra de Miño) a II Copa Galaico-Portuguesa de Promoción de Slalom, organizado polo club tudense «Penedo Teimporta» xunto á Federación Galega de Piragüismo e a a Federaçao Portuguesa de Canoagem. Os resultados adadados por Dani Farrapeira, Hugo Barros, Aarón, Joaquín e Valentín, permitirou ao club acadar un extraordinario segundo posto na clasificación por equipos.

  • 0

Laura Fernández e Eva María Ara, á sesión de tecnificación da Selección Española

As padeeiras do «Penedo Teimporta» Laura Fernández Suárez e Eva María Ara Giráldez, veñen de clasificarse para a primeira sesión de tecnificación da Selección Española de kayakpolo, que terán lugar os días 13, 14 e 15 de abril nas Rozas, en Madrid. A convocatoria das dúas deportistas do Penedo Teimporta prodúcese logo do magnífico rendimento amosado nas dúas primeiras citas do calendario da primeira división Iberdrola de kayakpolo. As mellores padeeiras de España, entre as que se atopan Laura e Eva, estarán atentas as instruccións dos técnicos nacionais para proseguir co seu desenvolvemento coma deportistas.

  • 0

Concello de Tui e AFAGA poñen en marcha o programa Cuidand@-me

O Concello de Tui, a través dos Servizos Sociais Comunitarios, e AFAGA, a Asociación de Familiares de Alzheimer e outras demencias de Galicia, organizan o programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas dependentes ou con discapacidade «Cuidand@-me» que se desenvolverá entre os meses de maio e novembro cun total de 24 sesións os luns de 11 h a 12:30 h no Centro Sociocomunitario de Tui.

  • 0

Aberta a inscrición para a XV Andainatudense Solidaria de Tui

Ata o día 8 de maio estará aberta a inscrición da Andainatudense Solidaria, que este ano chega a sua décimo quinta edición e que se celebrará o sábado 12 de maio. E unha cita inexcusable para coñecer os distintos camiños que levan aos e ás participantes a subir e gozar "da montaña máxica tudense" como é o monte Aloia.

  • 0

Os beneficios da terapia con cabalos, a estudo na aula UNED de Tui

A aula UNED de Tui acollerá do 2 ao 29 de maio o curso Beneficios da Hipoterapia e a Equitación Terapéutica con persoas afectadas de autismo. Un seminario que ten como obxectivo profundar nos principios terapéuticos da terapia asistida con cabalos, tamén coñecida como hipoterapia ou equitación terapéutica, poñendo especial énfase nos beneficios que dita actividade reporta ás persoas que presentan problemas de desenvolvemento e algún trastorno do espectro autista.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS