Detido un home en Tomiño por roubo no interior dun vehículo

A Garda Civil investiga a un veciño de Marín, M.M.R., de 48 anos, por un delito de furto e outro contra a seguridade viaria, ao ser sorprendido conducindo co permiso retirado por perdida de puntos. Os feitos sucederon o pasado mércores no transcurso dun dispositivo de verificación aletatoria de vehículos que estaban a realizar os efectivos do Posto da Garda Civil de Tomiño, no lugar de Hospital. Ao proceder á indentificación do condutor dun dos vehículos interceptados púidose comprobar que tiña retirado o permiso de conducir pola perda total dos puntos.

Esta incidencia, que de por si constituía un delito contra a seguridade viaria, deu lugar a que se lle sometese a un rexistro superficial e se lle concontraron dous cartóns bancarios a nome dunha muller e 415 euros en efectivo, que eran os efectos que contiña un bolso de señora que foran subtraído momentos antes no interior dun vehículo estacionado nas inmedciaciones do cemiterio de Forcadela (Tomiño).

No interior do vehículo interviñéronselle, ademais, un telefóno móbil e outro cartón bancario, cuxas procedencias se están investigando, e unha serie de útiles e ferramentas, posiblemente utiliadas para cometer feitos delituosos de similares características, tales como: patas de cabra, desaparafusador, gorros, luvas, etc.

Esta persoa, que conta cun amplo historial delituoso por delitos contra a propiedade, foi investigado como suposto autor dun delito de furto e outro contra a seguridade viaria e deberá comparecer, cando sexa citado, ante o Xulgado de Instrución de Tui, onde foron entregadas as dilixencias instruídas pola Garda Civil.