Tomiño

«Sen Remite», circo, teatro e humor esta fin de semana en Tomiño

Premio do xurado no Milano Clown Festival, chega o vindeiro domingo a Tomiño o espectáculo de circo, teatro e humor xestual «Sen Remite», de Jean Philippe Kikolas. Unha proposta para todo público, que acollerá o Auditorio de Goián, o vindeiro domingo (29 de abril) ás 18:00 horas, e na que se utilizan técnicas de circo, escaleira libre, malabares e un montón de solución para os conflitos que se van presentando.

  • 0

O domingo arranca en Tomiño o «V Desafío Terras de Turonio»,

O Desafio Terras de Turonio será, por quinto ano consecutivo, a gran cita do ciclismo de montaña, de longas distancias, por parellas. De feito a proba está considerada como a maratón BTT por parellas máis importante do norte de España. A competición, que organiza a firma Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño, celébrase mañá domingo 22 de abril, e está previsto que tomen parte nela preto de catrocentos cincuenta participantes.

  • 0

Dous estudantes de Goián, finalistas do «VI Certame de Relatos Curtos» da FANPA

Dous estudantes de sexto curso do CEIP «Pintor Antonio Fernández» de Goián, no concello de Tomiño, veñen de ser seleccionados como finalistas no Certame de Relato Curto, organizado pola Federación Provincial de Anpa de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA), convocatoria á que se presentaron, nesta sexta edición, un total de 1.098 traballos. Os relatos serán editados nun libro pola editorial Kalandraka xunto ao relato feito expresamente para o certame polo escritor Antonio García Teijeiro.

  • 0

Douscentos estudantes de Primaria de Tomiño traballan a igualdade na aula

O Concello de Tomiño continúa traballando no eido educativo para conseguir a sensibilización en temas de igualdade e a prevención da violencia de xénero entre nenos, nenas e adolescentes de todos os centros educativos. A acción, organizada polo Programa Municipal de Igualdade da Concellería de Benestar Social, enmárcase no Programa de Intervención nos centros educativos para a sensibilización en igualdade e prevención da violencia de xénero, convocado pola Área de Igualdade da Deputación de Pontevedra.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS