Oia

A Xunta sinaliza o Camiño Portugués pola Costa en Oia

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto á alcaldesa do Concello de Oia, Cristina Correa, e varios membros do seu equipo de goberno, asistiron esta tarde á colocación dunha das primeiras mouteiras oficiais que sinalizan o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio na contorna do Mosteiro de Santa María de Oia.

  • 0

Aberta a inscrición para o III Trail DesafíOia

O vindeiro 26 de marzo terá lugar en terras de Oia a terceira edición dunha cita deportiva que, en so tres anos de vida, camiña con paso fime de cara a consolidarse nunha das citas ineludibles para os amantes do trail: o DesafíOia. A proba, este ano, presenta dúas distancias un percorrido 'curto' de 21 quilómetros e outro longo dunha distancia 42 quilómetros.

  • 0

Falece un mozo de Oia nun accidente no Rosal

Un mozo de Oia faleceu nun accidente que ocorreu en Portecelo, no Concello  do Rosal.  Outro compañeiro que viaxaba no mesmo coche atópase en estado crítico no Hospital Álvaro Cunqueiro. No interior ían tamén dúas mozas, que resultaron feridas leves. No interior do vehículo viaxaban tamen dúas mozas que resultaron feridas leves. O coche envorcou, bateu contra un poste, caeu por un terraplén e acabou esnafrándose contra un muro. A Garda Civil investiga as causas do accidente. 

  • 0

O Concello de Oia ven de editar o libro “Os Bolechas van a Oia”

O Concello de Oia en colaboración co ilustrador Pepe Carreiro, editou o primeiro libro infantil dos Bolechas sobre Oia. Con este primeiro exemplar titulado “Os Bolechas van a Oia”, o Concello pretende fomentar a lectura e dar a coñecer aos máis pequenos o patrimonio artístico, paisaxístico, etnográfico e cultural do municipio, a través das aventuras dos Bolechas, que acaban percorrendo tódalas parroquias.

  • 0

Santos Hector visitou en Oia o parque infantil financiado pola Deputación

O deputado provincial de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, visitou  en Oia as obras no parque infantil de Viladesuso e no campo de fútbol das Tornas, que inclúen a reparación de elementos de xogo e a incorporación doutros novos no campo de fútbol e a reposición de area e caucho e fixación de elementos de protección destes equipamentos municipais.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS