O Rosal

A Deputación achega o 100 % do «Plan Concellos» ao Rosal

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar por resolución presidencial a última achega ao concello do Rosal, no marco do «Plan Concellos 2017», dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial, presidida por Carmela Silva, achegará 6.695,73 € para equipar a rede informática do local do concello co fin de mellorar a súa seguridade.

  • 0

A praza do Calvario do Rosal, corazón dunha rede peonil

O Estudo de Mobilidade e Espazos Públicos (EME) de O Rosal, documento encargado e financiado pola Deputación de Pontevedra para ordenar o espazo público e o tráfico da vila, propón a peonalización da praza do Calvario como espazo libre de coches. Segundo dixo hoxe na presentación o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, preténdese que a praza pase a ser o corazón dunha rede peonil, un espazo público de calidade no que se fomenten as relacións e a convivencia e se poida camiñar con comodidade e seguridade.

  • 0

A Xunta sinaliza o Camiño Portugués da Costa ao seu paso por Rosal

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto ao alcalde do Concello do Rosal, Jesús María Fernández Portela, comprobou esta mañá á colocación das primeiras mouteiras oficiais que sinalizan o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio na zona de Portocelo.

  • 0

A Mancomunidade do Baixo Miño innova en información turística este verán

A Mancomunidade do Baixo Miño ven de producir máis de 30.000 exemplares dun mapa despregable con información dos puntos de interese turístico da comarca. O obxectivo é promocionar o patrimonio natural, etnográfico, arquitectónico, cultural, arqueolóxico e panorámico dos cinco concellos que conforman a mancomunidade: Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia.

  • 0

A Xunta inicia os trámites para a mellora da estrada Pancenteo-Marzán, no Rosal

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio do inicio do trámite de información pública o proxecto de mellora da estrada que une as localidades de Pancenteo e Marzán (PO-353) no Concello do Rosal, concretamente, entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360. O proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade vial e a accesibilidade, tanto dos vehículos como dos peóns, actualizando e complentando a drenaxe e a sinalización existente en dito vial.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS