A Guarda

A Guarda xa ten sinalización do Camiño Portugués pola Costa

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto ao alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, comprobaron na tarde de hoxe luns, 10 de marzo, á colocación das primeiras mouteiras oficiais que sinalizan o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio na zona da estación marítima do ferri A Guarda-Caminha, punto polo que chegan os peregrinos procedentes do país veciño.

  • 0

A Guarda recibirá un 7,4% máis que no 2016 do Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra achegará en 2017 un 7,43% máis de recursos ao Concello da Guarda no marco do “Plan Concellos”, un incremento que vén dado polas novas bases do Plan, que teñen por obxectivo beneficiar os concellos máis pequenos da provincia. Deste xeito, este municipio da comarca do Baixo Miño recibirá un total de 765.965,35 €, 52.996,09 euros máis que en 2016, ano no que xa tivo un 30% de incremento respecto do 2015 (o que se traduciu en 164.699,30 € máis).

  • 0

Sol Vázquez destaca "o labor dinamizador" do Centro Comercial Aberto da Guarda

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitou as instalacións de ACIGU, onde coñeceu polo miúido a campaña de Nadal que desenvolve a asociación de comerciantes guardeses e mantivo un encontro de traballo coa súa presidenta, Carmen García. Segundo a Xunta de Galicia, o apoio ao asociacionismo comercial é un dos eixos da estratexia de impulso ao sector que desenvolve a Consellería de Economía, Emprego e Industria, que desde o 2009 concedeu axudas por máis de 300.000 euros ao CCA guardés

  • 0

Dúas persoas afectadas ao arder unha pota na Guarda

Dúas persoas tiveron que ser atendidas polos efectivos sanitarios na tarde de hoxe na Guarda, logo de que se declarase un pequeno lume na súa vivenda ao arder unha pota que estaba no fogo. As lapas danaron unha boa parte da cociña e o fume afectou tamén ao corredor da vivenda, ainda que ningunha das persoas tivo que ser evacuada.

  • 0

O PP da Guarda pide a implicación do Concello contra a violencia de xénero

A voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega, e a concelleira popular, Elena Acevedo Rolán, veñen de solicitar ao Goberno Local que o próximo 25 de novembro, coindindo co Día Internacional contra a Violencia de Xénero e tendo en conta ademais que coincide coa celebración do Pleno ordinario, se organice un acto de repulsa contra este problema e que de algunha maneira contribúa á concienciación, información, prevención e sensibilización da violencia de xénero, dirixida a todos os veciños pero en especial á mocidade.

  • 0

Conrazones da Guarda recibe unha axuda da Obra Social 'La Caixa'

O director de 'La Caixa" da Guarda, Alberto Garcia Novo, visitou as instalacións da asociación Conrazones para ver in situ a cámara frigorifica que foi adquirida cos 5.000 euros que doou A Obra Social "A Caixa" á asociación. A cámara frigorífica era unha das grandes necesidades que tiña Conrazones xa que lles permitirá conservar os alimentos que colleitan dos invernadoiros solidarios e a froita das súas propias hortas.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS