Os colexios Pedro Caselles e de Tebra contan neste curso con novas infraestruturas

O Concello de Tomiño vén de realizar importantes melloras en varios colexios públicos do municipio. Pola súa envergadura, destacan as obras levadas a cabo na parroquia de Tebra e en Santa María de Tomiño. A petición da veciñanza e da ANPA do centro de educación infantil e primaria de Tebra, levouse a cabo a ampliación da pista deportiva existente, co fin de poder dispoñer de máis ámbitos de xogo e de que os equipamentos necesarios para a práctica de distintos deportes, non interfiran entre eles.

  • 0

Acto de homenaxe aos asasinados no Campo de Concentración de Camposancos

O vindeiro xoves, 18 de outubro, seguindo a tradición de todos os anos, o sindicato das Comisións Obreiras vai homenaxear aos asasinados no campo de concentración de Camposancos durante a guerra civil. O acto de homenaxe terá lugar ás 17:30 h na fosa común do cemiterio de Sestás, onde se fará unha ofrenda floral á que están convidados todos os grupos políticos con representación municipal así como as asociacións culturais e sociais do Concello de A Guarda.

  • 0

Comerciantes e emprendedores apúntanse ao programa de formación e crecemento

Dentro do protocolo de colaboración asinado entre o Concello de Tomiño e ADETO (Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño), co fin de mellorar a formación dos profesionais do comercio local, o pasado xoves, presentouse no salón de plenos do Concello o programa formativo e de asesoramento individualizado “Máis Posible”, destinado a todo tipo de negocio ou PYME local, sexan ou non socios de ADETO.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS