A Xunta achega máis de 100.000 euros para obras na parroquia de Freixo

O alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez O alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou hoxe un convenio de colaboración co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, para a execución de muros, reparacións de noiros e canalizacións na parroquia do Freixo. A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas financiará estas actuacións coa achega dun investimento de máis de 106.000 euros.

Os traballos teñen como obxectivo a reconstrución dos muros de sostemento no acceso norte ao Freixo e na vía cara Virxe do Camiño. Tamén se levarán a cabo reparacións do noiro no acceso ao cemiterio do Freixo e arranxos no firme da vía de entrada a este núcleo.

Estas actuacións mellorarán a seguridade nesta parroquia de Crecente, xa que na actualidade os muros atópanse en mal estado e en risco de caer. Coa realización destas obras, facilitaranse as condicións de accesibilidade, así como a mobilidade dos veciños deste núcleo.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos