Covelo

Barcia de Mera prepárase para a novena edición do Ciclo de Música Relixiosa

Zoar Ensemble, o Coro Rías Baixas e Vox Stellae son algunhas das propostas para a novena edición do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, que conta co apoio da Consellería de Cultura e Educación e que ofrecerá, entre os meses de abril e de setembro, un total de seis concertos. Recoñecidos músicos e formacións participan na programación deste ano, que se desenvolve na igrexa barroca de San Martiño do concello de Covelo baixo a dirección artística de Nieves García-Soto.

  • 0

Covelo recupera o bosque de ribeira do río Tea

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou onte o concello de Covelo para comprobar, en compaña do alcalde da localidade, Pablo Castillo, os traballos de recuperación do bosque de ribeira do río Tea. Tourís asegurou que o municipio continuou así a levar a cabo melloras de acondicionamento do sendeiro que transita polo río Tea para o que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aportou unha axuda global de case 20.000 euros, dentro das axudas destinadas a concellos da Rede Natura.

  • 0

Santa Cruz de Baldomar, en Covelo, ultima a representación do Desencravo do Señor

O Santuario de Santa Cruz de Baldomar, no Concello do Covelo, está a ultimar todos os detalles necesarios para os solemnes oficios deste próximo Venres Santo 14 de abril no que participan de forma conxunta as parroquias de Covelo, Santa Mariña, Paraños e Castelans ademais de numerosos visitantes doutras parroquias da contorna. O Santuario acollerá a solemne representación do Desencravo do Señor así como o Sermón do Desencravo e o descendimiento e a Adoración do Cristo Morto.

  • 0

O BNG de Covelo felicita á veciñanza "pola restitución do médico de familia"

Os concelleiros do BNG de Covelo, Laura Santiso e Álex Osorno, felicitan aos veciños de Covelo "que non quedaron calados e protestaron e loitaron por recuperar a praza de médico". Os nacionalistas acusan aos populares de "enganar á veciñanza" á que, durante máis dun ano, estiveron decíndolle que "a supresión da praza debíase a motivos técnicos e non políticos". Agora, afirman Santiso e Osorno, queda demostrado "que dita supresión foi motivada polos recortes sociais do PP".

  • 0

Covelo recibirá do Plan Concellos un 6% máis de recursos que no 2016

A Deputación de Pontevedra achegará este ano 2017 un 6% máis de recursos ao concello de Covelono marco do “Plan Concellos 2017”, un incremento que dobra a media provincial (situado no 3%) e que vén dado polas novas bases do Plan, que teñen por obxectivo beneficiar aos concellos máis pequenos da provincia. Deste xeito, a vila recibirá un total de 447.592,17 € do “Plan Concellos 2017”, 24.544,45 euros máis que en 2016.

  • 0

O BNG de Covelo asegura que hai "decenas de niños" de velutina sen recoller

O Bloque Nacionalista Galego de Covelo vén de denunciar a existencia de "decenas de niños de avespa asiática ou velutina, sen recoller". O Concello de Covelo, explican, figura como entidade colaboradora na retirada de niños desta especie invasora no rexistro da Consellaría do Medio Rural, pero paradoxalmente, aseguran os nacionalistas, "carece de medios para a súa retirada". Esta situación deu como resultado "que a día de hoxe sexan decenas os niños que non se retiraron".

  • 0
Suscribirse a este canal RSS