Arbo acomete un ambicioso plan de roza en todo o municipio

O concello de Arbo, acomete un plan de limpeza e rozado utilizando os medios materiais e persoais que posue o Concello e reforzando o servizo, ao mesmo tempo, coa contratación dunha empresa externa especializada en eliminación de maleza en todo tipo de zonas. A Empresa contratada para esta labor, desprazou dous tractores con mecanismos máis completos para traballos nas areas forestais e lugares de máis difícil acceso.

As condicions meteoroloxicas das últimas semanas, foron propicias para que a vexetación crecese con moita rapidez, feito que tampouco permitía aos servizos de limpeza dar cobertura a todas as parroquias do Concello.

Esta necesidade de acometer este Plan de limpeza en todalas parroquias municipais, nace da necesidade de evitar riscos de incendio e como xeito de sensibilizar a poboación para que teña as súas parcelas completamente limpas xa que, doutra forma, explican dende o Concello de Arbo, poden supoñer "un perigo de incendio e causar danos a persoas e bens, dando lugar, amais, a distintas responsabilidades ao propietario desa finca".

Outro dos obxectivos deste plan, reside no interese do Concello na promoción turística da vila de Arbo do interese deste concello e a promoción Turística da Vila de Arbo no seu aspecto natural e paisaxe, de turismo rural, deporte de aventura é gastronomía, patrimonio cultural, relixioso, etnográfico...

Para o Horacio Gil, alcalde de Arbo e responsable da área de Turismo, un dos principais obxectivos é "acadar o recoñecemento de Arbo un referente turístico nacional".