O Concello de Arbo organiza este domingo a I Gala Pequenos Grandes Artistas

O Concello de Arbo organiza este domingo a I Gala Pequenos Grandes Artistas, co obxectivo de homenaxear aos nenos e nenas que desenvolven algunha disciplina artística ou deportiva nesta vila coa celebración da gala, na que cada un deles amosara o seu talento na categoría correspondente. A actividade terá lugar no Pavillón Polideportivo de Arbo, a partires das 8:30 horas e colaboran a Asociación da ANPA a Lumbre, Banda de Música de Arbo e Asociación Deportiva Equinos.

O evento comenzara coa Actuación da Banda Infantil de Arbo, seguido da Escola de Patinaxe de Arbo, Escola de Futbol, Escola de Baloncesto, Escola de Kunfu, Star Kinds da Asociación Deportiva Equinos e a exposición de manualidades dos nenos que participan nesta actividade extraescolar.