Arbo elixe o Mercado de Teis para a presentación da LVII Festa da Lamprea

O Mercado de Teis, foi o escenario elixido polo Concello de Arbo para presentar aos medios de comunicación galegos e a profesionais do sector turístico a 'LVII Festa da Lamprea', que terá lugar o día 28, 29 e 30 de abril de 2017, un encontro gastronómico, o segundo máis lonxevo de Galicia, que logo de 56 anos de celebración ininiterrompida, celébrase este ano coa catalogación de Festa de Interese Turístico Nacional.

O acto de presentación estivo presidido polo alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito que, nas súas palabras, salientou que este evento pretende render homenaxe e agradecer "aos pescadores polo seu labor, aos restauradores, que seguiron cociñando este peixe ao longo de tantos anos, e que transmiten de pais a fillos as receitas para mantelas vivas, aos medios de comunicación que seguiron este acontecemento ao longo dos anos, así como todos o veciño da Vila de Arbo, que fixeron posible que a Festa da Lamprea chegue este ano a sú 57 edición".

Por tal motivo, o pregoeiro elixido polo Concello de Arbo para dar o pistolazo de saída ao primeiro ano da Festa como 'Festa de Interese Turístico Nacional, é un nativo de Arbo, Manuel Xesus Xiraldez, profesor no IES de Ames (Coruña) que no ano 2011 foi o autor do libro 'Arbo, Vila da Lamprea', editado polo Concello de Arbo. No seu trabnallo, Xiráldez  que repasaba as etapas do evento gastronómico no seu medio século de Historia.

Horacio Gil, quixo mostrar a súa satisfacción e fondo agradecemento polo alcance e difusión logrado a través do acto de presentación da Festa da Lamprea na Casa de Galicia en Madrid, o pasado 8 de febreiro, que xerou unha gran repercusión nos medio de comunicación superando as noventa publicacións a día de hoxe, sumadas á innumerables referencias en distintos medios que, dixo, "consolida a Arbo, como a Capital Mundial da Lamprea e un referente turístico Nacional".

O alcalde de Arbo, convidou a todos os cidadáns a que acudan a Arbo nestes días, onde o programa deseñado está pensado para todo tipo de públicos e que recomendou unha visita á 'Arbomostra' a feira agroindustrial e artesanal da comarcas do Condado e A Paradanta e que este ano cumpre a súa vixésimo terceira edición e onde se pode degustar a lamprea en todos os seus estilos así como os viños das adegas con DO Rias Baixas.