Aberta a inscrición para a III Marcha BTT da Lamprea de Arbo

O Vindeiro día 23 de abril de 2017, unha semana antes da Festa da Lamprea, a Concelleria de Deporte organiza a III Marcha BTT da Lamprea, unha actividade que pretende promocionar os produtos típicos de Arbo, como son a Lamprea e o viño, así como as paisaxes do municipio. É unha ruta BTT que se define dentro dunha especialidade ciclista que concibe este deporte como un exercicio físico con fins de ocio e turístico ou cultural, excluíndo a competición.

A saida terá lugar ás 9:30 horas dende o pavillón de deportes do Concello de Arbo para realizar unha ruta cunha dificultade media–alta e cun percorrido de 40 aproximadamente. A recollida de dorsais será dende as 9 horas e a organización ofrece, como servizos aos participantes, avituallamento sólido e liquido na metade do recorrido, duchas e lavado de bicis, e ao remate da proba un agasallo para tódolos participantes e degustación de balde dos produtos típicos de Arbo. O Prezo por participar e de 6 euros, que inclúe seguro a na conta bancaria que e pode atopar no impreso de inscrición que pode descargarse dende a páxina do Concello de Arbo, onde tamén se pode consultar o percorrido.

Os interesados e interesadas en participar poden consultar calquera dúbida no telefono 986 665 000 de luns a venres en horario de 8:00 h a 15:00 h ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O Prazo Limite para presentar solicitide é o 18 de abril ás 15.00 horas Ë obrigatorio presentar a solicitude e o xustificante de pago donde figure o nome do participante.