Aberta a inscrición para a II Andaina da Lamprea de Arbo

A Concellería de Xuventude do Concello de Arbo vén de organizar, para vindeiro día 9 de abril, a II Andaina da Lamprea que nace co obxectivo de promocionar a Vila de Arbo, o seu patrimonio e a súa paisaxe, o río Miño, as pesqueiras e a lamprea, a traves dunha actividade que permite un contacto directo co marabilloso medio natural que posúe o municipio.

A saida terá lugar no Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea 'Arabo' as 9:30 horas e, ao remate da andaina e de cara a recuperar forzas, os e as participantes poderán degustar lampresa en distintas variedades e o viño das adegas arbenses, de recoñecido prestixio nacional e internacional.

O prezo desta actividade será de tan só 3 euros e, para formalizar a participación e realizar o pagamento, interesados e interesadas deben cumpimentar o formulario de inscrición que se pode atopar na páxina web do Concello. Dito formulario, debidamente cumplimentado, debe entregarse nas oficinas do concello de Arbo acompañada dunha copia do xustificante bancario de ter realizado o pagamento.

Para máis información, os interesados e interesadas poden atopala na páxina web do Concello de Arbo ou no Teléfono 986 665 009