Arbo

Arbo elixe o Mercado de Teis para a presentación da LVII Festa da Lamprea

O Mercado de Teis, foi o escenario elixido polo Concello de Arbo para presentar aos medios de comunicación galegos e a profesionais do sector turístico a 'LVII Festa da Lamprea', que terá lugar o día 28, 29 e 30 de abril de 2017, un encontro gastronómico, o segundo máis lonxevo de Galicia, que logo de 56 anos de celebración ininiterrompida, celébrase este ano coa catalogación de Festa de Interese Turístico Nacional.

  • 0

Cores Tourís supervisou as obras do Plan de Emerxencias 2016 realizadas en Arbo

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o martes o Concello de Arbo onde, acompañado polo alcalde Horacio Gil Exposito, comprobou o remate dos traballos de mellora de firme de varios camiños rurais do municipio executados a través do Plan de Emerxencias 2016, actuacións que supuxeron un investimento de preto dos 60.000 euros, e que contribuirán a mellorar os desprazamentos dos veciños e veciñas e, consecuentemente, incidir positivamente na súa calidade de vida.

  • 0

Vinte alumnos concluiron o Obradoiro de Emprego 'II Paradanta'

O Delegado da Xunta, Xose Manuel Cores Touris clausurou o obradoiro de emprego 'II Paradanta'  nun acto desenvolvido na Casa Consistorial de A Cañiza ao que acudiron os alcaldes de Arbo, Crecente e Covelo. O obradoiro, que comezara en setembro de 2016, formou a vinte participantes  en fábricas de albanelería e actividades auxiliares de conservación e mellora de montes.

  • 0

Aberta a inscrición para a III Marcha BTT da Lamprea de Arbo

O Vindeiro día 23 de abril de 2017, unha semana antes da Festa da Lamprea, a Concelleria de Deporte organiza a III Marcha BTT da Lamprea, unha actividade que pretende promocionar os produtos típicos de Arbo, como son a Lamprea e o viño, así como as paisaxes do municipio. É unha ruta BTT que se define dentro dunha especialidade ciclista que concibe este deporte como un exercicio físico con fins de ocio e turístico ou cultural, excluíndo a competición.

  • 0

Aberta a inscrición para a II Andaina da Lamprea de Arbo

A Concellería de Xuventude do Concello de Arbo vén de organizar, para vindeiro día 9 de abril, a II Andaina da Lamprea que nace co obxectivo de promocionar a Vila de Arbo, o seu patrimonio e a súa paisaxe, o río Miño, as pesqueiras e a lamprea, a traves dunha actividade que permite un contacto directo co marabilloso medio natural que posúe o municipio.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS