O ‘Tic Tac Toc’, chega este sábado á Cañiza

A actividade de dinamización lingüística ‘Tic Tac Toc’, do programa ‘FalaRedes’ da Xunta de Galicia, chega esta fin de semana á Cañiza. Será o sábado 13, ás 19:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura da man de Pablo Díaz e a súa banda.

Pablo Díaz é unha das figuras máis recoñecidas do panorama musical infantil. Neste espectáculo, o cantante coruñés está acompañado no escenario por Diego Barral (guitarra) e Álex Fente (acordeón). A entrada aos concertos é libre e de balde ata completar a capacidade das salas.

O ‘Tic, Tac, Toc’ é a segunda das actividades deste ‘FalaRedes’ 2017, na que tamén xa estivo en carteleira a adaptación teatral do libro ‘A galiña azul’, de Carlos Casares. Pablo Díaz e os seus músicos pecharán a súa xira no programa logo de percorrer un total de 19 concellos da RDL o vindeiro 20 de maio.

tic tac toc 02