A Cañiza

Medio Ambiente licita o proxecto de mellora de abastecemento de auga da Cañiza

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licita por 70.000 euros a redacción do proxecto construtivo da obra de mellora do sistema de abastecemento do municipo da Cañiza. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se da publicidade a este contrato que conta con fondos do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

  • 0

A Xunta licita a mellora da seguridade viaria da rúa Vilanova da Cañiza

O xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda en Pontevedra, José Luis Díez, visitou o concello da Cañiza para anunciar a publicación hoxe no DOG da licitación da obra de mellora da seguridade viaria da rúa Vilanova deste concello. Este proxecto xurdiu do convenio asinado, o pasado ano, entre a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde de A Cañiza, Miguel Domínguez, e que ten como obxectivo a mellora da accesibilidade,mobilidade e a seguridade viaria da rúa Vilanova.

  • 0

O ‘Tic Tac Toc’, chega este sábado á Cañiza

A actividade de dinamización lingüística ‘Tic Tac Toc’, do programa ‘FalaRedes’ da Xunta de Galicia, chega esta fin de semana á Cañiza. Será o sábado 13, ás 19:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura da man de Pablo Díaz e a súa banda.

  • 0

Cores Tourís comproba as melloras executadas na Escola Infantil da Cañiza

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís visitou a escola infantil da Cañiza, invitado polo alcalde do municipio, Miguel Adolfo Domínguez, co obxectivo de comprobar as melloras executadas neste centro a través dunha orde de axudas da Consellería de Política Social. O investimento da obra roldou os 24.000 euros, e grazas ao mesmo, puidéronse adquirir diversos medios e equipamento para o centro como un ordenador, unha televisión, varias mesas e sillas, así como unha piscina de bolas para os pequenos.

  • 0

A Deputación abre a variante que libera de tráfico a ponte románica do Deva

O Deputación de Pontevedra abriu onte ao tráfico, oficialmente, a variante da estrada provincial EP-5002 e a nova ponte sobre o río Deva en A Cañiza financiadas integramente pola institución provincial. A presidenta da Deputación, Carmela Silva; o responsable provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e o alcalde Miguel Domínguez, retiraron simbolicamente as vallas de obra para que os vehículos poidan utilizar xa o novo treito de estrada e non teñan que pasar polo viaduto románico, contribuíndo á conservación deste elemento patrimonial.

  • 0
Suscribirse a este canal RSS