Arbo celebra con música, comida e baile a Festividade de San Roque

Arbo prepárase para celebrar a festividade de San Roque na Carballeira de Turbela. O programa vén cargado, coma sempre, de actividades musicais, comidas, bailes e xogos. Ás 10.00 horas haberá pasarrúas coa Banda de Música Municipal de Arbo, ás 11.00 horas procesión dende a igrexa parroquial ata a Carballeira onde ás 11.30 horas oficiarase a misa solemne de campaña cantada pola Coral Polifónica de Arbo.

  • 0

Cine na rúa e Festa da Escuma en Arbo

O concello de Arbo continúa desenvolvendo o seu «Verán Cultural 2018», un programa cheo de eventos ao aire libre para maiores e pequenos. Como antesala á festividade de San Roque, mañá martes, 14 de agosto, haberá unha sesión de cine ao aire libre coa proxección da película «Cazafantasmas» ás 22 horas na Praza Consistorio, mentres que o mércores volve un evento moi esperado, a «Festa da Escuma», ás 21:30 tamén na Praza Consistorio.

  • 0

Nava Castro participa na XXIII Festa da Lamprea Seca de Arbo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do alcalde de Arbo, Horacio Gil, asistiu hoxe á XXIII edición da Festa da Lamprea Seca de Arbo, unha celebración que ano a ano se converte nun perfecto escaparate da riqueza de Galicia como destino de gastronomía de produto. Trátase dunha festa sobre un recurso de especial singularidade como é a lamprea e que conta, ademais, cun itinerario turístico propio, a Ruta da Lamprea, que permite coñecer ata 18 concellos galegos a través dos ríos Miño, Ulla e Tambre.

  • 0

Nava Castro subliña a importancia da Feira do Xamón da Cañiza

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo hoxe en valor o papel das festas de Interese Turístico de Galicia á hora de reforzar o atractivo da Comunidade durante o verán. Así o manifestou hoxe durante a presentación da 52 edición da Feira do Xamón da Cañiza, unha das celebracións galegas con este recoñecemento e da que subliñou a súa relevancia como unha das citas turísticas referentes do sur de Galicia.

  • 0

A Deputación rehabilitará a estrada Cañiza-Pousa cun investimento de máis de 578.000 euros

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Mobilidade, xa ten listo e en fase de contratación o proxecto para rehabilitar de xeito integral o firme da estrada provincial EP-5005 A Cañiza-Pousa co fin de mellorar a seguranza viaria. Segundo explica o deputado Uxío Benítez, nunha reunión mantida co alcalde de A Cañiza recentemente acordouse que a Deputación melloraría a plataforma da estrada ao longo de 12,3 quilómetros de lonxitude circunscribíndose ao trazado existente.

  • 0

O alumnado do CEIP Antonio Carpintero de Arbo, gozan do Verán Cultural

O Concello de Arbo, dentro da actividades do «Verán Cutural San Roque 2018», organizu unha Festa infantil no CEIP Antonio Carpintero, festa que coincidía coa clausura do curso 2017-2018 e que se realizaba en colaboración co equipo directivo do centro. Os cativos e cativas gozaron de xogos, inchables, música e a visita especial de Mickey e Minnie. A idea, explicaba o alcalde Horacio Gil, permitiu que "nenos e nenas gozasen desta Festas, acompañados polos mestres, compañeiros e compañeiras que durante este curso comparteron con eles grandes momentos".

  • 0
Suscribirse a este canal RSS