É noticia...

A Deputación abre os prazos a unha nova edición dos programas de cohesión social

As novas edicións de 'Depotermal', 'Depo en marcha' e 'En Ruta coa Depo' xa están en marcha, tal e como sinalou esta mañá en rolda de prensa a presidenta da Deputación de Pontevedra. Así, Carmela Silva adiantou que desde a administración provincial xa se remitiron esta mañá cartas aos concellos e entidades sociais da provincia explicándolles o procedemento a seguir para adherirse por medios electrónicos ás novas edicións dos programas de Cohesión Social.

A Deputación encherá Fitur de 'Fame de Experiencias'

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, e ao chef Pepe Solla, deron a coñecer esta mañá as liñas mestras de 'Fame de Experiencias', a campaña turística que este ano promoverá a provincia de Pontevedra e terá como pistoletazo de saída a Feira Internacional de Turismo, Fitur, en Madrid.

A Xunta achega 43.000 euros para contratación de técnicos de emprego no Condado-Paradanta

A Xunta vén de resolver as axudas para apoiar nos concellos galegos e nas entidades sen ánimo de lucro a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio. Tal e como destacou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste este ano 43.000 euros para seguir impulsando a Rede de Técnicos de Emprego de Galicia na comarca do Condado-A Paradanta.

Carmela Silva visita as obras da Praza da Paradela de Gondomar

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitaron hoxe as obras de humanización e rehabilitación da Praza da Paradela. “É un orgullo visitar esta praza, que está sendo recuperada para devolvela á xente. Estamos recuperando un espazo público para que as persoas volvan ser donas del e para que os vehículos deixen de ser os protagonistas. Recuperamos un novo espazo que acollerá á veciñanza de Gondomar e transformará por completo todo o centro da vila”, explicou Silva.

DepoEmprende na Escola comeza a formación específica para o profesorado dos centros participantes

Ao longo da próxima semana vai comezar a formación específica para o persoal docente de Educación Primaria e Especial, Secundaria e Formación Profesional dos centros educativos da provincia que participan no programa DepoEmprende para escolares impulsado dende fai tres anos pola Deputación de Pontevedra.

O PSOE acusa a Feijóo "de actuar de forma partidaria nas súas visitas institucionais"

O Grupo Socialista na Deputación de Pontevedra vén de enviar a través do seu portavoz, Santos Héctor Rodríguez, unha misiva dirixida ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a todas as conselleiras e conselleiros, no que lles solicita que deixen “de actuar de forma partidaria nas súas visitas institucionais”.

Etiquetado como
Suscribirse a este canal RSS