É noticia...

A Deputación presenta un orzamento "para cubrir as demandas duna provincia do século XXI"

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao vicepresidente provincial, César Mosquera, deron a coñecer esta mañá o orzamento para o 2019 da institución que ascende a case 158 millóns de euros. O orzamento, que segundo a presidenta e o vicepresidente segue as liñas de atención á cidadanía e desenvolvemento marcadas no acordo de goberno aprobado ao inicio da lexislatura, “supón —tal e como indicou Silva— un esforzo como nunca antes se fixo para cubrir as demandas dunha provincia do século XXI”.

Uxío Benitez presenta en Bruxelas a estratexia «Río Miño 2030»

Tras dúas xornadas de traballo, a visita institucional da AECT Río Miño a Bruxelas rematou hoxe cunha serie de reunións co Comité das Rexións e na sede da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DG Regio) nas que, segundo informou o director da AECT Río Miño e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, déronse a coñecer os proxectos que a agrupación está desenvolver neste momento, así como os seus plans de futuro, recibindo unha acollida moi positiva por parte dos diferentes estamentos europeos.

Ocupación hoteleira en Pontevedra, superior ao 54% en outubro e a ponte de novembro

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer esta mañá os datos relativos á ocupación hoteleira do pasado mes de outubro e da ponte de novembro. En concreto, a provincia de Pontevedra rexistrou unha ocupación media en establecementos hoteleiros do 54,5% durante o mes de outubro e do 54% durante a ponte. No caso do turismo rural, a porcentaxe foi do 30% en outubro e do 53,10% durante a ponte do 1 de novembro.

Carmela Silva e José Guirao inauguran en Madrid «Galaicos. Un pueblo entre dos mundos»

O ministro de Cultura, José Guirao, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inauguraron esta mañá no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid, «Galaicos. Un pobo entre dous mundos», exposición na que se pon en valor, de forma didáctica e explicativa, a importancia e sofisticación da cultura galaica e do seu territorio como un dos puntos estratéxicos da prehistoria e historia antiga.

Os 61 concellos da provincia, protagonistas da campaña de promoción turística da Deputación

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidiu esta mañá no pazo provincial a segunda reunión ordinaria da Mesa do Turismo da provincia de Pontevedra. Na reunión, ata a que acudiu a Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, abordáronse cuestións relativas ao seguimento do Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas, a proposta de campaña de turismo da provincia de cara ao vindeiro ano así como a situación do SICTED no destino.

Carmela Silva entrega os «I Premios Talento Turístico da Provincia de Pontevedra»

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, e ao deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, fixeron entrega o mércores 24 de outubro, dos I Premios Talento Turístico da provincia de Pontevedra nas súas cinco modalidades na clausura da «Xornada TurisTIC» organizada pola institución provincial no Castelo de Soutomaior.

Suscribirse a este canal RSS