A Xunta salienta a importancia do Camiño Portugues da Costa como reclamo turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, valoraron o crecente papel do Camiño Portugués da Costa, un itinerario que, como explicaron, está despuntando como valioso reclamo da provincia de Pontevedra, como así o demostran os máis de 6.000 peregrinos que selaron a Compostela este ano tras percorrer esta ruta.

Nava Castro, que estaba acompañada por Jesús María Fernández Portela, alcalde do Rosal; Antonio Lomba, alcalde da Guarda; Cristina Correa Pombal, alcaldesa de Oia; Ángel Rodal, alcalde de Baiona e Javier Bas, alcalde de Redondela, concellos polos que atravesa este itinerario, recordou que o seu recoñecemento oficial como itinerario de peregrinación o ano pasado supuxo un importante impulso para unha ruta que o ano pasado nestas datas escolleran algo máis de 2.300 peregrinos. “Un crecemento exponencial que amosa a fortaleza do camiño e tamén que o recoñecemento foi un paso importante no obxectivo da Administración autonómica de impulsar, promocionar e garantir a protección e conservación de todas as Rutas Xacobeas”, indicou.

Neste sentido, a responsable de Turismo referiuse ao traballo da Xunta de Galicia levado a cabo neste itinerario, que desde este ano conta con sinalización provisional con máis de 80 mouteiras, así como vieiras cerámicas e de bronce. A preguntas dos medios de comunicación sobre o estado de sinalización na cidade de Vigo, a directora de Turismo aclarou que se requiriu en varias ocasións a este Concello información sobre o número de mouteiras que precisaban, sen ter a dia de hoxe resposta. Motivo polo cal a sinalización nesta cidade está pendente de realizarse nunha seguinte fase.

Compromiso coa ruta
“E o noso traballo diario continúa, ao abeiro do Plan director e estratéxico do Camiño de Santiago, o itinerario que nos está a permitir mellorar o presente e preparar o futuro da peregrinación para dar resposta a esta diversificación nunca antes vista”, explicou a directora de Turismo.

Un traballo que se materializou tamén hoxe coa acción promocional presentada e que se desenvolve na cidade de Vigo a través dunha imaxe de grandes dimensións que visibiliza o percorrido deste itinerario en Galicia e dá resposta así ás históricas reivindicacións para impulsar esta ruta por parte de colectivos relacionados co Camiño Portugués da Costa. O acto contou coa presenza de