A SCDA Matamá, campioa da Copa Deputación

A Copa Deputación deuse un baño de prestixio nas Gaiandas nunha emocionante final na que o Matamá impúxose ao Umia por 2-1 e levantou por vez primeira o trofeo relevando ao Sárdoma no palmarés. Kily, a porteira e capitá do Matamá, recibía de mans da presidenta Carmela Silva o trofeo de campioas despois dun partido de sufrimento, emoción e, sobre todo, dunha final igualada.

O Matamá alineaba para esta final a Kily; Nerea, Pipa Paz, Ani, Graza ( Xiana, min. 61), Sara Porto, Lara, Natalia, Pau (Lorena, min. 54), Noelia e Sara Debén, mentres que o Umia presentaba na súa alineación a House; San (María, min. 85), Jessica, Domi, Graci, Laura (Alba Barral, min. 20), Paula, Eva ( Vanesa, min. 78), Vero (Marga, min. 55), Antía ( Yoli, min. 68) e Alba Ferré.

O primeiro gol para o Matamá chegaría no minuto 32 no que marcaba Pau. Da igualdade do encontro, fala ben ás claras o feito de que houbo que esperar ata o minuto 79 para o Matamá, por merio de Noelia Pereira Marcase o 2-0. Non se rendeu o Umia que se metía no partido co 2-1 marcado por Marga, pero xa no minuto 88 e case que sen tempo para a remontada.

Nun partido con título en xogo non hai inimigo pequeno nin é tan relevante a diferenza de categoría. A 90 minutos todo é posible, e o Umia achegouse a ese soño. As Viquingas de Barrantes plantaron cara a un conxunto vigués que buscou moito fútbol directo e que só se mostrou algo máis cómodo nos primeiros minutos do segundo período.

Antes, no sexto minuto, o Umia estivo a piques de darlle un susto de morte. Un erro da zaga, deses que apenas existen no xogo defensivo das de David Ferreiro, deixou o balón franco para Albita (Alba Ferré), que ante a saída desesperada de Kily mandaba o balón fóra. É desas oportunidades que non se esquecen, como a de Tania Penedo na semifinal co Sárdoma ante o que agora é o novo campión.

As de Moisés Campos perdían un valor seguro na medular. Paula Dapena lesionouse no quecemento. Aguantou canto puido pero tivo que retirarse. E o Umia perdeu raseo e control de balón. O aviso dado polo opoñente alertou ao Matamá, que empezou a buscar a portería a través de Pau, cun par de lanzamentos atallados por «House».

Paula Alonso é un activo de enorme valor para Ferreiro. Un centro de Sara Debén era rematado por ela de dereita. O balón saía fóra por pouco. Tres minutos despois, a mesma xogadora asinaba o 1-0. Recibía ao bordo da frontal da área, revolvíase e á media volta soltaba un zurdazo seco e colocado, ao que non chegaba a estirada da meta rojilla, o coiro tocaba o pau esquerdo e entraba. O favorito encarrilaba a final. Lonxe de vir abaixo, o Umia sacou o seu espírito guerreiro, o mesmo que lle levou á final sorprendendo en cuartos ao Arousá, o sempiterno dominador do fútbol feminino na delegación de Pontevedra. Outra acción de Ferré era sacada na liña pola central viguesa, con Kily batida (minuto 37).

A segunda metade comezou de fronte para as amarelas. Unha combinación da liña dianteira deixaba a Pau un lanzamento franco para sentenciar. Alto e desviado. Sara Debén probaba fortuna. Paraba a porteira visitante. Sara Porto perdoaba. Facíase raro ver ao Matamá tan misericordioso. En quince minutos, tres ocasiones claras entre Pau e Porto.

O seu rival iniciaba un carrusel de cambios buscando frescura e voltear o senón do encontro. Antía, á saída dun saque de esquina, tivo o empate na súa cabeza. O croque fóiselle por pouco.

Noelia Pereira, un tanque crave no triunfo, habilitaba a Lorena, pero o seu remate de socato era salvado por House botándose aos seus pés (minuto 53). A emoción pasaba dunha área a outra sen o máis mínimo descanso.

Como non hai dous sen tres, o Umia volveu a coquetear co empate. Yoli, aos poucos segundos da súa entrada no campo, disparaba fóra en inmellorable posición ( min. 69). Ata que apareceu Noelia. Galopada, habilidade, velocidade e forza ante as centrais, das que se ía, e chute á dereita da meta viquinga para subir o 2-0. Faltaban só dez minutos.

Campos esgotaba os cambios e o premio á súa ambición táctica chegou no 43, cunha combinación definida por Marga para o 2-1. A bancada vibraba de paixón. Houbo tempo para que 9 sentenciase e House, do mellor da final, impedíseo, e pouco máis.

O encontrol foi dirixido pola árbitro Elena Casal, do comité galego, asistida por Sofía Gándara e Paula Balboa nas bandas. Amoestou polo Umia a Alba Barral, Domi e Yoli.

Final da IV Copa Deputación, que se disputaba no campo municipal das Gaiandas en Gondomar contou coa asistencia da presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Deportes, Chelo Besada e a deputada de Emprego, Montse Magallanes, ademais dos alcaldes de Gondomar, Paco Ferreira, e Ribadumia David Castro Mougán.

O ambiente nas gradas foi de auténtica festa do fútbol, con numerosos seguidores de ambos os dous equipos. Ao final do encontro, a presidenta da Deputación baixou a felicitar persoalmente ao trío arbitral feminino que dirixiu o choque.

O Matamá convertíase así no terceiro equipo vigués en conquistar a Copa Deputación tras A Oliveira (2016) e Sárdoma (2017). Na entrega de premios, o Matamá fixo o corredor ao Umia e as xogadoras do equipo do Salnés corresponderon co corredor ás campioas. Lección de clase. Todo ben.