A choiva obriga ao aprazamento da inauguración do «novo» Castelo de Soutomaior

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, na visita realizada á musealización do Castelo de Soutomaior A presidenta da Deputación, Carmela Silva, na visita realizada á musealización do Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra decidiu aprazar o acto de inauguración da musealización do castelo de Soutomaior, previsto para este venres ás 19 horas, para o vindeiro martes, 15 de maio, á mesma hora. O motivo deste aprazamento débese á chegada prevista para mañá dunha fronte activa, con chuvia, que dificultaría a posta en marcha da “gala chea de sorpresas” organizada pola institución provincial.

Deste xeito, o goberno provincial, co obxectivo de que se poida desfrutar do programa previsto para inaugurar a musealización do castelo de Soutomaior, tanto no exterior como no interior do recinto, vese na obriga de aprazar o acto para o vindeiro martes ás 19.00 horas. En liñas xerais, a gala de inauguración da musealización porá de manifesto a volta de 180 grados que a Deputación de Pontevedra lle deu ao castelo de Soutomaior.

Pese ao aprazamento da gala, o que si se manteñen son as xornadas de portas abertas gratuítas tanto para este domingo, 13 pola tarde, así como as previstas para o 20, 21, 22, 24 e 25 de maio, coa posibilidade de realizar un percorrido polo castelo a través de visitas libres e guiadas. Para participar nas visitas guiadas, que terán lugar ás 11 e 17 e horas, a partir do 21, será preciso realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. xa que as prazas están limitadas a 22 persoas por grupo.

A Deputación de Pontevedra investiu na musealización do castelo 700.000 euros “para dotalo de contido, de historia e rigor pero tamén de vangarda, modernidade e novas tecnoloxías, á altura de calquera castelo de Europa ou de todo o mundo”. De feito, o castelo conta xa con materiais explicativos interactivos, incluíndo sete audiovisuais, recreacións en 3D, un videomapping e tres caixas máxicas.