A AFG trasládalle ao Parlamento a necesidade dun plan de recuperación das zonas queimadas
A Asociación Forestal de Galicia (AFG) mantivo reunións de traballo cos catro grupos do Parlamento galego co obxectivo de trasladarlles as preocupacións das comunidades de montes socias, así como dos propietarios forestais particulares. A AFG espera que estes encontros sirvan para a posta en marcha de medidas como un plan de restauración das zonas afectadas pola vaga de lumes de outubro, que impactou de xeito especial na provincia de Pontevedra.
- 0
- Publicado en É noticia...
- Escrito por Redacción