I Forum Transfronterizo

Tui, antiga corte de reis

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez on Wikipedia Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez on Wikipedia

Existen muitas vilas e cidades na terra galaica, no estado ou ata na Península Ibérica consideradas históricas, condais ou culturais, pero moi poucas na súa historia dentro de seus muros tiveran unha corte real, ou dúas cortes reais moi antigas fai 1400 anos atrás, neste caso Tui si pode presumir dela.

Repasemos os orixes da cidade que controlaba o paso do río Miño-sur, antes do ano 0 xa se cree que entre o Aloia e o Miño atoparíase o principal castro do tribo galaica dos Turonis, pertencentes a confederación tribal dos Grovios, que tería a capital nese mesmo castro. A día de hoxe non sabemos onde e o lugar no que se situaba este poboado, pode que debaixo da actual Tui, ou mesmo no Aloia ou nos seus redores. Coa chegada de Roma e a conquista, estes respetan a antiga organización tribal dos Grovios e constrúen xunto ese antigo castro (ou sobre del) Castellum Tude, a Tui romana. A esta nova cidade, unha das máis importantes da Gallaecia por controlar o paso do río Miño na vía romana XIX, atribúese como a outras a fundación heroica e mitolóxica dun heroe grego, Diomedes, fillo de Tideo (de onde di que ben o nome de Tui).

O tema, sabemos fora do escrito, que aparecen restos desa antiga Tui na zona de San Bartolomeu, onde incluso puido estar o foro e centro, dando a hipótese que se extendia do río Louro cara o outeiro onde se asenta a zona antiga, onde no alto puido perdurar un tempo o antigo castro capital dos Grovios e Turonios. Coas crises imperiais do baixo imperio romano, as guerras civís e a caída da economía o igual que a maioría das cidades da época, Tude (Tui) perdería poboación e fortificaríase por mor das guerras civís e as xa inminentes incursións dos pobos xermanos, trasladándose o centro de poder seguramente o outeiro onde se atopa a actual cidade, máis facil de defender e posiblemente sobre o antigo castro.

E a inicios do século V cando chega o pobo xermano dos Suevos a Gallaecia, e funda o primeiro reino medieval da Europa no ano 410-411 co rei Hermerico (recordar que Roma cae no 476). Cos suevos, non todo ía ser escuro e malo, e un exemplo e Tude, pois nese século se constitúe como diocese cristián, sendo unha das principais cidades do reino.

Capital do reino con Reckimundo (459-463)
A mediados do século V, o reino dos entra nunha profunda crise e guerras internas, o ataque visigodo no ano 456 no cal mataron o enerxético rei Reckiario e saquearon a capital, Braga, deixa un reino orfo dun forte poder central, polo que entre os anos 457 e 463 o reino divídese en dous varias veces e até seis reis gobernan nese curto período.

E así que no ano 458 un nobre chamado Reckimundo rebelase o rei Remismundo, é se nomea rei da parte sur do reino e establece súa corte en Tude. Para a cidade este sería un tempo moi importante, pois até acuña moeda propia a cal duraría até un século despois. E posible que o rei Reckimundo construíse nas aforas as primeiras pedras do palacio rexio no lugar de Monterreal, en Pazos de Reis (para que vexades que os nomes dos lugares teñen seu sentido).

Para desgraza deste rei, Remismundo pese perder até a capital do norte, Lugo, reaparece con reforzos visigodos e reconquista o reino e volve centralizalo coa capital en Braga, deixando de ser Tude no ano 463 corte real.

Corte real do rei visigodo Vitiza ou Witiza
Coa conquista dos Visigodos do reino suevo da Gallaecia no ano 586, este queda baixo os reis godos que tiñan súa corte en Toledo. Contase que Toledo era un alixo de víboras e perigaban nel a vida dos xovenes príncipes, polo que estes eran mandados a Tude para seren criados e educados alí, no lugar de Monterreal en Pazos de Reis, as aforas da cidade.

A finais do século VI o rei Égica manda a seu fillo, Vitiza, facerse cargo do antigo reino dos suevos da Gallaecia, polo que este volta restablecer a antiga corte de Tude. En torno o ano 700 Vitiza substitúe a seu pai como rei visigodo e reinaría até o 710, e polo menos durante un tempo, Tude pasa ser corte de todo o reino godo que se estendía dende o sur de Francia até o norte de Africa.

No primeiro período de Vitiza en Tude, sucede un feito importante segundo a crónica albeldense escrita muito despois no 881, pois xunto del tamén estaba o conde Favila, que posiblemente seria o antigo duque da Gallaecia.

Segundo contan Vitiza e Favila discuten por un tema de amores (se di que Vitiza andaba coa muller de Favila) e o futuro rei godo mata a Favila dun bastonazo na cabeza. Rapidamente os achegados o finado escapan co fillo deste, un neno chamado Paio ou Pelayo a terras do norte, por mor de represalias contra el por parte de Vitiza. Ese neno no futuro sería o famoso Don Pelayo, que rebelase o poder conquistador dos musulmáns e pasa ser o caudillo ou pequeno rei da resistenza contra eles, co seu centro de poder en Cangas de Onís, Asturias, sendo posiblemente tamén fillo de Tui nacendo en esta. Dicir que a tradición xermana era por o nome do avó o fillo primoxénito, e sabedes que nome púxolle Pelayo o seu fillo? Favila, que reinaría dous anos en Cangas de Onís.

Por último imaxina como sería hipoteticamente a Tude ou Tui deste período antes da caída do reino visigodo e a chegada do poder musulmán. Posiblemente estaría emprazada no mesmo lugar actual, cun tempo relixioso destacado que sería o centro do poder da diocese e bispado. O outro lado do Miño, de seguro existiría outro pequeno núcleo na zona de Valença controlando o paso da outra ribeira, e nas aforas fora das murallas, no lugar de Monterreal en Pazos de Reis, o centro de poder político da zona, que controlaría o sur da provincia de Pontevedra e parte do norte de Portugal, sendo un referente no mundo desa época.