Castros que podemos visitar no sur da provincia para coñecer a cultura galaica

Comezar cunha pequena aclaración, tan simple como que os castros era unha forma de hábitat característico da idade do ferro, e foron construídos por grande parte da antiga Europa, sobre todo no espazo que ocupou a cultura celta. Polo tanto chamarlle os castros galegos coa definición “cultura castrexa”, e un grande erro, posto que nas nosas terras habitaba un pobo recoñecido os cales seu nome eran “os Galaicos”, os nosos ancestros, polo que tal vez a definición máis correcta. facéndolle honra a eles, sería “cultura dos castros galaicos”.

Coa chegada do bo tempo primaveiral, e co verán por diante, podemos facer unha pequena listas dos castros millor conservados e escavados, para a visita e comprensión da forma de vida dos antigos galaicos. Nas nosas terras dende o Morrazo, até o Baixo Miño pasando polo interior do Condado-Paradanta, habitou unha tribo galaica chamados os “Grovios”, os cales nos deixaron estas xoias arqueolóxicas que van dende tempos tan remotos como VIII a.C o V d. C.

Mencionaremos primeiro un moi coñecido, en terras do Tea no corazón do Condado, o Castro de Troña. Elevado sobre o val do Tea no concello de Ponteareas, este asentamento fortificado que de seguro controlaba unha importante ruta comercial, foi habitado un amplo período histórico, que vai dende o VII a.C o II d.C, e dicir uns 800 anos de historia ocupado. Grazas a isto, podemos observar nos seus vellos muros e vivendas reconstruídas, diferentes estilos de construcións que foron evolucionando o tempo que o facía a propia cultura galaica, dende o mais antigo, ate os barrios familiares máis innovadores dos castros. Tamén destaca o famoso petroglifo da serpe na acrópole ou croa.

A citania do monte Santa Tegra, ocupaba un impoñente monte sobre a desembocadura do pai dos ríos galegos, o Miño, no concello da Guardia, e non e só un símbolo dos castros galegos, senón de nosa cultura galaica e celta en si. Dicir que este castro, non sería unha simple aldea fortificada, senón unha auténtica cidade da época, a maior coñecida en terra galega con 20 Ha (20 campos de fútbol), onde puideron vivir preto de 5000 habitantes, os cales xa tiñan desaugues, prazas e rúas principais. Santa Tegra como citania, gozou dun grande esplendor entre dos séculos I a.C o II d.C, no proceso de romanización, posto que seu enclave estratéxico, controlando a entrada as Rías Baixas e a desembocadura do río Miño (por aquela navegable). Visitar este lugar, a parte das impresionantes vistas e paisaxes, e un auténtico viaxe no Tempo.

Outro castro que na liña costeira, era o O monte do Castro de Vigo, o único restaurado en parte no centro dunha grande cidade. Antigamente chamado Ferroso ou Terroso, era tal vez o máis importante da ría, o cal máis que un poboado tamén puido ser unha auténtica cidade galaica pero sen chegar o tamaño de Tegra, con desaugues e rúas principais. Comezou a habitarse tamén nun período antigo, entorno o VI a.C, durando seu esplendor ate o II d.C, tendo unha grande importanza marítima. A día de hoxe conta cun pequeno sector escavado e restaurado, formando parte dun grande parque botánico no corazón da cidade olívica, a cal non se pode entender sen o Monte do Castro.

Seguindo montes emblemáticos, citaremos agora o Monte Aloia, unha montana resáltante sobre a cidade de Tui que vixía o val do río Miño, na cal nunha de súas vertentes atopase o castro do Monte dos Cubos. Este xacemento, en grande parte escavado, de seguro era un vixiador o paso do Miño dende tempos inmemoriais, estando datado do II a.C o III d.C. Atopase dentro do Parque Natural do Monte Aloia, polo que na súa visita se pode aproveitar o día de forma moi produtiva.

Por último falaremos dun castro emprazado nun lugar fermoso e incrible, que mesmo parece facer barreira entre o noso mundo e o dos deuses. Situado no extremo occidental da península do Morrazo, coas illas Cies e Ons na súa fronte, asentase o Castro do Facho de Donón. Este espectacular emprazamento sobre a brava Costa da Vela, tivo varios moradores o longo da súa historia, pero tal vez o que máis pegada e legado deixou, foi a reconstrución dun novo castro-santuario no século III d.C sobre outro anterior, o cal e considerado o maior lugar de peregrinación pagán da Península Ibérica antiga, mostra delo son as 174 aras atopadas adicadas o deus local chamado “Bero Breus”, que recorda muito a “Breogán” (isto e anotación persoal). Son muitos os cales aseguran que existe unha maxia no lugar, onde se pode ver morrer o sol na mar coas illas de testemuñas. No castro pódese contemplar unhas 50 vivendas escavadas, reflexo de aquel esplendor que tivo o monte en tempos de antigos.

Outros castros que recentemente foron obxecto de escavacións e estudo, e esperemos que sigan adiante e podelos nomear en futuros artigos, son o Faro de Budiño (Salceda), A Cabeciña (Oia) ou o Monte Alegre (Moaña). Pola contra, outros que no seu día foron escavados, a día de hoxe atópanse en total abandono e marxinación, como o de Torroso (Mos) ou Altamira (As Neves). Esperamos que as institucións volten a valorar a súa importanza, posto que non há máis riqueza que aqueles que coñecen seu pasado, para poder coñecerse e valorarse así mesmos no presente.