Manrique Fernández

Manrique Fernández

O meu andel / Blog literario de Manrique Fernández

URL del sitio web:

Luis Valle, "Trona, o merlo"

O haiku, como sabemos, é un poema moi breve, orixinario do Xapón, de tres versos, cunha estrutura fixa, cun contido predeterminado que ten que ver coas estacións do ano, que contrapón ideas diferentes, que desborda impacto e sensibilidade...

Ledicia Costas, "Un animal chamado néboa"

Logo do éxito indiscutible de “Escarlatina, a cociñeira defunta”, un libro para nenos, Ledicia Costas cambia o seu rexistro completamente para adentrarse na escrita para adultos e presentarnos “Un animal chamado néboa”. Trátase dun traballo que recolle media ducia de relatos que, de primeiras, teñen un elemento común: estaren ambientados na Segunda Guerra Mundial. É o nexo de unión máis evidente, pero existen outros, como o retrato da barbarie humana ao que asistimos en cada un deles.

"Cabalos e lobos" de Fran P. Lorenzo

“Cabalos e lobos” é a primeira novela do xornalista Fran P. Lorenzo e abofé que é unha excelente entrada no mundo da narrativa. Trátase dunha historia ambiciosa, con múltiples lecturas, con momentos memorables, cunha presa de personaxes ben formados que percorren as súas páxinas vertendo as súas ansias e as súas miserias, e todo envolto nun marco de fondo que adquire un rol protagonista ao longo do relato: a cidade de Vigo e, nomeadamente, a presencia do edificio de Gran Vía nº 2 como estandarte da trama. Non é en van que a novela veña avalada polo Premio Blanco Amor do ano pasado.

Antonio García Teijeiro, "Detrás del horizonte"

Que as guerras son unha tolemia xa é sabido, pero cando nolo conta Antonio García Teijeiro, coa súa mistura entre o relato e a poesía, con esa sensibilidade que sabe imprimir a determinadas narracións, con esa crueza que acompaña a outras, e con ese xeito tan particular de levarnos á reflexión sobre as capacidades e os límites do ser humano, a lectura convértese nun goce.

Suscribirse a este canal RSS