Manrique Fernández

Manrique Fernández

O meu andel / Blog literario de Manrique Fernández

URL del sitio web:

Henrique Dacosta, «Á deriva»

Que o relato curto nunca deixou de ter fonda pegada na literatura galega é unha evidencia, por moito que sexa a novela a que acostuma a ter maior presencia mediática. Exemplos hainos a moreas e poucos son os autores de narrativa que, nalgún momento, non se deixan tentar por este xénero tan querido entre nós. O profesor ferrolán Henrique Dacosta leva xa unha boa presa de relatos curtos publicados, tanto en volumes propios coma colectivos, o que lle dá un oficio que se deixa ver en cada nova entrega, como é o caso que nos ocupa.

Antía Yáñez, «Senlleiras»

Antía Yáñez é unha desas novas voces femininas que están a axitar a literatura galega actual. «Senlleiras» é a súa primeira novela para adultos e nela, amais dun discurso reivindicativo do papel da muller na sociedade, desprega unha madurez narrativa que non é habitual en autores tan novos coma ela. Lembremos que con este texto acadou o premio «Illa Nova», argallado por Galaxia para descubrir talentos moi novos e que está a dar, en só dúas edicións, excelentes froitos.

Roi Vidal Ponte, «Poesía. Materiais para montar unha escena de cama»

A pesar do seu título, «Poesía» é unha peza teatral; é a proposta coa que Roi Vidal Ponte gañou a XII edición do Premio Abrente de textos teatrais, argallado pola Mostra de Teatro de Ribadavia, e acaba de ver a luz en edición impresa da man, como é habitual, da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas. Trátase dunha peza de corte experimental e que, se seguimos as instrucións do autor, pode dar pé a numerosas interpretacións diferentes da propia obra e a que cada representación sexa sempre distinta da anterior.

Xavier Alcalá, «The Making Of»

A literatura galega tennos acostumados a unha imaxe da emigración que me atrevería a cualificar de “romántica”, no sentido decimonónico da palabra: personaxes sen un futuro claro que buscan fortuna fóra da terra con resultados incertos, sempre dende unha perspectiva morriñenta e idealizada.

Suscribirse a este canal RSS