O Camiño de Santiago… a marchas forzadas

Mañá mércores dará comezo o concurso de patrullas Tui-Santiago de Compostela con saída ás 08:00 horas dende os centros municipais de remo e piragüismo de Tui, e remate ás 11:00 horas do venres 8 en Santiago de Compostela. Nesta proba de patrullas das Forzas Armadas Españolas, tamén participará unha patrulla dos Marines de Estados Unidos.

As obras do novo Centro de Saúde, dentro dos prazos previstos

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o delegado da Consellería de Industria, Ignacio Rial, xunto a concelleiros do equipo de goberno de Tui, visitaron as obras do novo centro de saúde que se está a construír na cidade, na traseira da Área Panorámica.

Máis de 200 participantes na Big Ride Eurocidade

 Máis de 200 corredores daranse cita esta fin de semana na primeira proba do Big Ride, Open de España de Enduro, que se vai disputar na Eurocidade Tui-Valença. A proba con carácter internacional reunirá aos mellores corredores de enduro tanto a nivel español, portugués coma doutros países. A organización corresponde á Sherpa Project a Eurocidade Tui-Valença coa colaboración da Federación Española de Ciclismo.

Introdución á grafoloxía na Aula UNED de Tui

A Aula UNED de Tui acollerá o 14 e 15 de maio un curso de introdución á grafoloxía, disciplina que pretende describir a personalidade dun individuo e determinar características xerais do carácter mediante o exame da escritura manuscrita.

Suscribirse a este canal RSS