A rúa Concepción Arenal, na Guarda, comeza a tomar forma

A nova imaxe da rúa Concepción Arenal de A Guarda comeza xa a saír á luz. No día de hoxe o departamento de Mobilidade da Deputación comezou a instalar o novo pavimento da superficie peonil, formada por lousas de ecogranit de cor pardo e aceiro cortén. Nos vindeiros días comezarase tamén a colocación das tiras de granito, o que permitirá ver de xeito definitivo a apariencia final da rúa, da praza de Avelino Vicente e da contorna do convento de San Bieito.

Juan Morandeira Vázquez forma a comerciantes guardeses

O Concello da Guarda continúa neste mes de xaneiro as actividades do programa formativo 'Comercio Innova Plus', dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unha actividade para a que non é preciso inscrición previa e que se realiza de balde. 

'O Gran Showman' este venres no ciclo 'Cinema de Inverno' na Guarda

O Centro Cultural da Guarda acolle este venres ás 21:00 h unha nova sesión do ciclo 'Cinema de Inverno' coa proxección da película O gran showman, apta para todos os públicos. Esta proxección forma parte dos diferentes ciclos de cinema que se organizan ao longo do ano dende a Concellería de Cultura, unha actividade de balde ata completar o aforo, para a que non é preciso retirar entradas con anterioridade.

Máis de 1.500 nenos e nenas participaron na programación de Nadal de Tomiño

As actividades de Nadal e Reis organizadas polo Concello de Tomiño gozaron de total aceptación por parte da cidadanía. Especialmente dirixidas a público infantil e familiar, as diferentes propostas realizadas dende a Concellería de Cultura, contaron co apoio de máis de 1.500 nenos e nenas, un total que, sen contar o número de adultos e acompañantes, é considerado un moi bo resultado polos organizadores. “Estamos moi contentos polos niveis de participación acadados, que superan cada ano o anterior”, recoñece a concelleira Cristina Martínez, responsable da área de Cultura.

Suscribirse a este canal RSS