Laura Fernández e Eva María Ara, á sesión de tecnificación da Selección Española

As padeeiras do «Penedo Teimporta» Laura Fernández Suárez e Eva María Ara Giráldez, veñen de clasificarse para a primeira sesión de tecnificación da Selección Española de kayakpolo, que terán lugar os días 13, 14 e 15 de abril nas Rozas, en Madrid. A convocatoria das dúas deportistas do Penedo Teimporta prodúcese logo do magnífico rendimento amosado nas dúas primeiras citas do calendario da primeira división Iberdrola de kayakpolo. As mellores padeeiras de España, entre as que se atopan Laura e Eva, estarán atentas as instruccións dos técnicos nacionais para proseguir co seu desenvolvemento coma deportistas.