A Eurocidade Tui-Valença busca converterse en Smart City

Eurocidade Tui-Valença estudará a solicitude de subvencións para poder converterse nunha Smart City, logo da presenza de técnicos das dúas cidades a pasada semana en Barcelona no World Congress Mobile. Para o Concello de Tui asumir en solitario o investimento preciso para a modernización dos servizos que presta sería inviable economicamente polo seu tamaño, polo que a aposta sería a asociación con municipios limítrofes, inclinándose por esa alianza con Valença dentro da Eurocidade.

O proceso de conversión en Smart City podería levarse a cabo de xeito gradual, adaptando en primeiro lugar as infraestrutura existentes para a implantación das TIC’s. Unha transformación que podería comezar en servizos coma o do alumeado público ou o da recollida do lixo. Esta transformación conlevaría unha mellora na eficacia destes servizos co conseguinte aforro económico.