A campaña «O que se enchufa recíclase», en Tui ata o 17 de febreiro

Ata o sábado 17 de febreiro a Praza da Inmaculada de Tui acollerá un punto informativo da campaña «O que se enchufa recíclase» da Consellería de Medio Ambiente en colaboración co Concello de Tui e Ofiraee, unha iniciativa que busca informar e sensibilizar á veciñanza sobre a correcta xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos a través dos puntos de venda deste aparellos.

Deste xeito «O que se enchufa recíclase» ten por obxectivo fomentar a xestión dos residuos dos aparellos eléctricos e electrónicos a través do puntos de venda onde son instalados contedores nos que, cidadáns e cidadás, poderán depositar estes elementos. En concreto en Tui son dous os establecementos adheridos á campaña nos que se poden depositar os electrodomésticos en desuso Electrodán e Davisoft.

Dous asesores atenden aos cidadáns que até o punto de información na Praza da Inmaculada en horario de 11 h a 14 h e de 16 h a 19hh. Os consumidores que visitan o posto informativo reciben un pequeno agasallo para incentivalos a reciclar.