Inscrición para novas prazas das Escolas de Patinaxe da Deputación en Tui

As escolas deportivas de patinaxe da Deputación de Pontevedra no Concello de Tui, que se desenvolven no pavillón do CEIP de Rebordans, dispoñen de prazas nos diferentes grupos establecidos, debido ás baixas producidas dende o seu inicio no mes de outubro. Por isto, o Concello de Tui abrirá o proceso de inscrición dende o luns 11 ata o venres 15 de decembro, no horario de 09:00 a 14:00 horas, para presentar as inscricións por rexistro de entrada da secretaría do Concello de Tui.

As prazas se adxudicarán por orden de presentación, tendo dispoñibles para o Grupo 2, de 17:00 a 18:00 horas, oito prazas dispoñibles de idades entre os 7 e 9 anos de nivel de iniciación. No Grupo 3, de 18:00 a 19:00 horas quedan tres prazas dispoñibles para nivel medio e no Grupo 5, de 20:00 a 21:00 horas, quedan sete prazas dispoñibles de nievel medio alto.