«Arraianos», o reencontro de Tui coa Idade Media

O «Campamento Medieval» abrirá esta tarde, ás 16 horas, a programación do segundo día de «Arraianos» a festa que devolve a Tui á Idade Media e que camiña, paso a paso, cara a súa consolidación como unha das celebracións medievais do sur de Galicia. Trátase de manter e recuperar a tradición «arraiana» e para iso o Concello desenvolve un programa de actividades que comezaba onte á noite coa apertura do Mercado Arraiano, e o espectáculo inaugural na Praza de San Fernando.

Hoxe, logo da carreira medieval en kaiak que se desenvolvía baixo o suxerente nome de «Á conquista do Miño», ás 16 horas terá lugar o «Campamento Medieval» e xa ás 19 horas o desfile musical en colaboración con Lembranzas da Terra de Guillarei, no paseo da Corredoira e praza de San Fernando.

As 20 horas chegará un espectáculo que, o pasado ano, encheuse de público: o torneo medieval que terá lugar na Mariña. Entre as 21:45 horas e as 00:30 horas, celebrarase o «Banquete da Noite de Curuxas» un banquete medieval con animación.

Á unha da mañanciña, na Praza de San Fernando terá lugar o espectáculo «Noite de Curuxas» e, finalmente, como a noite é longa e non hai moitas ganas de parar, de 23:00 horas a 07:00 horas, «Survival Zombie Medieval» da WRG.

O domingo será unha sucesión ininterrompida de actividades comezando ás 12.00 h co Mercado Arraianos para seguir co seguinte programa

12.00h - “Campamento Medieval”
12.00h – Conferencia do século XVII sobre o patrimonio e historia da cidade de Tui no cárcere vello. Entrada libre
16.00h – Visitas Teatralizadas
19.30h – “Torneo Medieval” na Mariña
21.30h – Clausura de Arraianos na praza de San Fernando
23.00h – Peche do Mercado Arraianos