O alcalde de Tui exerce de guía para dar a coñecer o conxunto histórico

«Coñece Tui co seu alcalde». Así chámase unha iniciativa composta por tres visitas guiadas ao conxunto histórico de Tui que se van celebrar este domingo 12 de agosto, o luns 13 e o martes 14 guiadas. O guía, neste caso, será o propio alcalde de Tui e responsable de Turismo, Carlos Vázquez Padín.

Trátase dun percorrido dunha hora aproximadamente que partirá ás 20:30 h dende a Praza da Inmaculada. O domingo a visita realizarase en galego; o luns en castelán e o martes en inglés. O alcalde conducirá aos asistentes polas rúas da cidade histórica para dar a coñecer os recunchos dun casco histórico extraordinario como o que ten a cidade de Tui.